
FUNDACIÓN · 7 ABRIL 2026
VISITA INSTITUCIONAL DA RC DEPORTIVO FUNDACIÓN Á UNIVERSITY COLLEGE CEPS EN BOSNIA E HERZEGOVINA
A Fundación RC Deportivo continúa reforzando a súa presenza internacional a través do programa Erasmus+, desenvolvendo novas alianzas en Bosnia e Herzegovina.Durante esta mobilidade, Alex Espiñeira, coordinador de proxectos internacionais, e Laura Mella, adestradora da RC Deportivo Fundación, visitaron a University College CEPS - Center for Business Studies en Kiseljak, onde foron recibidos polo profesor Nermin Palić.Durante a produtiva xornada, ambas as entidades compartiron coñecementos e experiencias no ámbito da formación, o deporte e o desenvolvemento de programas educativos internacionais.Así mesmo, a delegación da fundación deportivista tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións do centro universitario e o seu modelo académico.Este tipo de iniciativas en Bosnia e Herzegovina permiten seguir fortalecendo a rede internacional do club, xerando sinerxías con institucións educativas e promovendo o intercambio de boas prácticas dentro do marco Erasmus+.


Antonio Hidalgo: "O equipo ten un gran compromiso, unha gran ...

Parte médico de Marc Casadó

O RC Deportivo e SBL Education lanzan o Máster en Fútbol Data...

Resultados dunha fin de semana reducida en ANOSACANTEIRA femi...

O Fabril rabuña un punto en Lezama ante o Athletic Club B nun...

As Nosas regresaron esta noite á Coruña e adestran este luns ...