
CANTERA · 13 NOVEMBRO 2025
VITORIAS DO ALEVÍN A E BENXAMÍN A PARA ABRIR O CALENDARIO EN ANOSACANTEIRA, CO FABRIL O SÁBADO ANTE A UD SÁMANO
Dous partidos este xoves 13 de novembro no Dépor Training Center abriron o calendario de partidos en ANOSACANTEIRA.O Alevín A (na foto inferior) e o Benxamín A (na foto principal da noticia) venceron ao San Tirso SD na 8ª xornada da Primeira Futgal A Coruña.Os dous conxuntos branquiazuis lideran os seus grupos a falta de disputarse o resto de partidos da xornada.En canto ao fin de semana, a Fabril visita á UD Sámano o sábado 15 a partir das 17:00.O conxunto cántabro acaba de enfrontarse ao Dépor na Copa del Rey nun partido disputado en Castro Urdiales e que acabou con vitoria deportivista por 1-4.O equipo de Manuel Pablo, após o empate ante o Bergantiños CF da pasada fin de semana no campo Arsenio Iglesias, chega en 3ª posición con 20 puntos, a 2 puntos do liderado.Os cántabros, un modesto equipo recentemente ascendido, transitan pola zona baixa.Tamén o sábado 15 o Xuvenil A recibe ao Pontevedra CF ás 16:00 no campo Arsenio Iglesias. Os branquiazuis son terceiros mientra que os granates pechan a táboa.Esa mesma xornada xogan en casa o Cadete (ás 12:00 ante o Coruxo FC no Dépor Training Center), o San Tirso SD Infantil (ás 16:00 no Monte ante o AJ Lérez), o Fabril FC Alevín (ás 11:30 na Torre ante o Olímpico CF) e o Fabril FC Benxamín (ás 11:30 na Torre ante o Oza Juvenil SD).O domingo 16 xóganse 2 partidos, ambos lonxe do Dépor Training Center. O Xuvenil B de Liga Nacional visita ao Atlético Arteixo (12:00 en Ponte dos Brozos) e o San Tirso SD Cadete ao Arosa SC (12:15 no campo Manuel Jiménez Abalo).Finalmente, o partido entre o Infantil e o RC Celta, previsto para este sábado no Dépor Training Center, queda aprazado de momento sen data debido á participación dos dous equipos na Portimao International Cup 2025.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Segunda Federación11ª xornada: UD SÁMANO - FABRIL, o sábado 15 de novembro ás 17:00 no campo de VallegónClasificación: 1. Oviedo Vetusta, 22 puntos; 2. Gimnástica Segoviana CF, 21 puntos; 3. Fabril, 20 puntos; 4. Bergantiños CF, 19 puntos... 14. UD Sámano, 9 puntos...Categoría xuvenil9ª xornada: XUVENIL A - PONTEVEDRA CF, o sábado 15 de novembro ás 16:00 no campo Arsenio IglesiasClasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 20 puntos; 2. Sporting de Gijón, 18 puntos; 3. Xuvenil A, 17 puntos; 4. Real Oviedo, 13 puntos... 16. Pontevedra CF, 5 puntos11ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - XUVENIL B, o domingo 16 de novembro ás 12:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 30 puntos; 2. Xuvenil B, 28 puntos; 3. CD Choco, 21 puntos... 12. Atlético Arteixo, 9 puntos...Categoría cadete9ª xornada: CADETE - CORUXO FC, o sábado 15 de novembro ás 12:00 no Dépor Training Center (campo de herba artificial)9ª xornada: AROSA SC - SAN TIRSO SD CADETE, o domingo 16 de novembro ás 12:15 no campo Manuel Jiménez AbaloClasificación da División de Honra: 1. Cadete, 24 puntos; 2. RC Celta, 22 puntos; 3. Arosa SC, 16 puntos; 4. San Tirso SD Cadete, Ural Español CF, Victoria CF e CD Lugo, 13 puntos; 8. Pabellón Ourense CF, 12 puntos... 13. Coruxo FC, 6 puntos...Categoría infantil9ª xornada: INFANTIL - RC CELTA, aprazado9ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - AJ LÉREZ, o sábado 15 de novembro ás 16:00 no MonteClasificación da División de Honra: 1. Infantil, 24 puntos; 2. RC Celta e ED Val Miñor Nigrán, 21 puntos; 4. AJ Lérez, 16 puntos; 5. San Tirso SD Infantil, 15 puntos; 6. CD Lugo, 14 puntos...Portimao International Cup 2025 en Portimao (Portugal)Primera FaseVenres 14 de novembro13:00: INFANTIL - MACCABI PETAH TIKVA, no campo Portimonense14:45: INFANTIL - RFS ACADEMY, no campo Portimonense16:30: INFANTIL - CARDIFF & VALE SFA, no campo PortimonenseSábado 15 de novembro12:55: INFANTIL - BURTON ALBION, no campo Mexilhoeira Grande14:05: INFANTIL - SHAMROCK ROVERS FC, no campo Mexilhoeira Grande17:00: INFANTIL - K BEERSCHOT VA, no campo Mexilhoeira GrandeO primeiro clasificado e os 2 mellores segundos dos 6 grupos pasan a Fase Elite. Os demais pelexarán segundo clasificación polo resto de posiciónsCategoría alevín8ª xornada: ALEVÍN A 8 (Adrián Míguez -3-, Alberto Novo -2-, Diego Castelo, Adrián Prieto e Mateo Cardelle) - SAN TIRSO SD 08ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - OLÍMPICO CF, o sábado 15 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 2.1)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A (un partido máis), 21 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 18 puntos; 3. Ural Español CF, Atlético Coruña Montañeros CF e CD Calasanz, 16 puntos... 10. Olímpico CF, 9 puntos...Categoría benxamín8ª xornada: BENXAMÍN A 12 (Pablo Campanero -3-, Fabio Álvarez -3-, Mateo Ramos -2-, Hugo Cancela, Xosé Varela, Ian Lata e Tomás Sánchez) - SAN TIRSO SD 08ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - OZA JUVENIL SD, o sábado 15 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 1.2)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A (un partido máis), 24 puntos; 2. CD Calasanz, 19 puntos; 3. Ural Español CF, 16 puntos; 4. Fabril FC Benxamín e Atlético Coruña Montañeros CF, 15 puntos; 6. ED Luis Calvo Sanz, Sada CF e Santa Cruz CF, 13 puntos... 12. Oza Juvenil SD, 6 puntos...


Fernando Soriano advirte que "non imos precipitarnos en ningú...

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...