
FUNDACIÓN · 26 SETEMBRO 2025
ZAS PRESUME DA SÚA DÉPOR ESCOLA FEIRACO 2025-26, AÍNDA CON PRAZAS DISPOÑIBLES NAS SÚAS 3 QUENDAS DOS MÉRCORES
A localidade coruñesa de Zas presume da súa Dépor Escola Feiraco 2025-26, que comezará a súa actividade no campo de Santo André o próximo 1 de outubro.Ao acto de presentación asistiron Manuel Muiño, Alcalde de Zas; José Brenlla, Tenente de Alcalde; Rubén Forján, Coordinador das Escolas do Concello de Zas; e Sergio Maurente, un dos responsables da Dépor Escola Feiraco; e Adrián Vilas, Coordinador da sede de Zas da Dépor Escola Feiraco.Está aberto o prazo de inscrición en .Polo momento hai prazas dispoñibles nas 3 quendas dos mércores: 16:30, 17:30 e 18:30.Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas nadas entre 2012 e 2019 incluídos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica.Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade... pode consultarse en .Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected].


O Dépor ABANCA Cadete e o Dépor ABANCA Infantil disputan este...

O Alevín A tamén se clasificou para a final do Trofeo Mini Te...

Fin da primeira semana do DéporCampus 2026 coa entrega de dip...

A RC Deportivo Fundación organiza unha recollida solidaria de...

Íker Vidal continuará no Fabril até 2027

O Alevín A, o Benxamín A e o Fabril FC Alevín brillan na gala...