RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "Hai que estar coa cabeza fría. Isto é larguísimo"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de El Sardinero que "hai que estar coa cabeza fría. Isto é larguísimo".

Pide após a segunda derrota consecutiva "saír desta xeira na que podemos estar agora, pensar no que temos que mellorar, nesa fiabilidade".

O técnico deportivista admite que "temos que seguir axustando cousas. En cada partido creamos moitas ocasións de gol e facer só 1 hoxe (por onte) quizais non é o máis xusto".

Cre que "houbo momentos nos que o Racing empuxou moitísimo, meteunos no noso campo e aí seguro que non estamos a gusto porque non eramos capaces de saír en ningún momento".

Antonio Hidalgo apunta que co gol recibido no desconto da primeira metade e co do principio da segunda "cústache un pouco máis. Pero hai que mirar cara a adiante. Isto é fútbol. Hai que competir sempre e iso o equipo fíxoo. Empuxamos até o final e hai que seguir".

Concluíu que "Jokin (Ezkieta) estivo incrible e deulles esa vitoria".