RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "Isto vai de detalles, de estar concentrados ao mil por mil, de competir ao máximo"

Antonio Hidalgo advertiu na sala de prensa do Dépor Training Center que na Segunda División "a diferenza de puntos non é tan grande. Na parte arriba estamos en 3, 4 puntos. Se miras cara abaixo a diferenza tampouco é tanta, con xogadores que levan moito tempo xogando na categoría e todo se iguala moitísimo. Isto vai de detalles, de estar concentrados ao mil por mil, de competir ao máximo, saber o nivel de sufrimento que non podes baixar nin un milímetro nesta categoría e estar preparados para o partido que nos vén".

Do Málaga CF, rival este domingo 12 de outubro ás 21:00 horas en La Rosaleda (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas), lembra que "estiven 3 anos no Club, na cidade, sei como sente, como vive o estadio. La Rosaleda vai empuxar moitísimo. Están nun momento de necesidade e cando iso pasa o estadio sempre responde. Ten un gran adestrador, que traballa moitísimo, cunha bagaxe desde que está no Club, sacando a moita xente da canteira e dándolle matices ao xogo".

Por conseguinte, vaticina "un partido moi igualado da categoría, que se vai a definir nos diferentes detalles".

Ten claro que "en momentos de dificultade La Rosaleda empuxa moitísimo. Temos un plan de partido que imos levar a cabo independentemente do estadio". "Van saír con todo, a matar desde o primeiro minuto. Van ter un plan ben traballado e vannos a pór en moitos apuros. Nós o mesmo cara a eles. Vaise a ver un partido moi competido con dous equipos que van querer ir a por a vitoria desde o primeiro minuto", engadiu.

Insiste o técnico deportivista na necesidade de "competir sempre nese nivel de esixencia e nos momentos de sufrir, sufrilos".