RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella enfróntase a Colombia este sábado 11 nos cuartos de final do Campionato do Mundo

-Foto:@rfef.es

 

David Mella e a selección española sub-20 enfróntase este sábado 11 de outubro a Colombia no cuarto de final do Campionato do Mundo de Chile.

O choque xogarase ás 22:00 (hora galega) no Estadio Fiscal de Talca, retransmitido en directo por Teledeporte e FIFA +.

O futbolista do Dépor chega a esta rolda após superar (0-1) a Ucraína en oitavos de final.

Decidiu o choque un gol de Pablo García no minuto 24.

O canteirán deportivista saltou ao céspede no minuto 58 en substitución de Jan Virgili.

Segundo apuntou a Federación Española na súa páxina web oficial, "España non alcanzaba uns cuartos de final desde Turquía 2013, e non chega a unhas semifinais do devandito torneo desde 2003, cando foi subcampioa do mundo (após superar a Colombia en semifinais)".

O combinado nacional certificou o seu pase a esta fase final ao vencer o pasado sábado 4 de outubro a Brasil por 1-0 no último partido da fase de grupos.

David Mella arrincou o choque no banco e saltou ao céspede no minuto 77 en substitución de Jan Virgili.

Ao minuto de saltar ao céspede, o futbolista do Dépor tivo a sentenza nas súas botas ao marcharse por velocidade da defensa brasileira e encarar ao porteiro Otavio. A meta de Brasil fixo unha portentosa parada para evitar o tanto de Mella, que fose xa definitivo.

Nos dous partidos anteriores tamén participou o futbolista do Dépor.

Foi titular ante Marrocos e saltou ao céspede no minuto 73 fronte a México.

O calendario de David Mella, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primera Fase
Domingo 28 de setembro
MARROCOS 2 - ESPAÑA 0

Mércores 1 de outubro
ESPAÑA 2 - MÉXICO 2

Sábado 4 de outubro
ESPAÑA 1 - BRASIL 0

Octavos de final
Martes 7 de outubro
UCRAÍNA 0 - ESPAÑA 1

Cuartos de final
Sábado 11 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - COLOMBIA, no Estadio Fiscal de Talca

No que vai de liga, David Mella xogou co Dépor en LaLiga Hypermotion 5 partidos, 3 deles como titular, e marcou 2 goles.