RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella xa está en cuartos de final do Campionato do Mundo sub-20

-Foto:@rfef.es

 

David Mella e a selección española sub-20 medíronse este martes 7 de outubro a Ucraína nos oitavos de final do Campionato do Mundo de Chile.

O encontro disputouse no Estadio Elías Figueroa Brander de Valparaíso e finalizou con vitoria española por 0-1.

Decidiu o pase de España un gol de Pablo García no minuto 24.

O canteirán deportivista saltou ao céspede no minuto 58 en substitución de Jan Virgili.

O rival en cuartos de final, o sábado 11 de outubro ás 22:00 será Colombia ou Sudáfrica.

España certificou o seu pase a esta fase final ao vencer o pasado sábado 4 de outubro a Brasil por 1-0 no último partido da fase de grupos.

David Mella arrincou o choque no banco e saltou ao céspede no minuto 77 en substitución de Jan Virgili.

Ao minuto de saltar ao céspede, o futbolista do Dépor tivo a sentenza nas súas botas ao marcharse por velocidade da defensa brasileira e encarar ao porteiro Otavio. A meta de Brasil fixo unha portentosa parada para evitar o tanto de Mella, que fose xa definitivo.

Nos dous partidos anteriores tamén participou o futbolista do Dépor.

Foi titular ante Marrocos e saltou ao céspede no minuto 73 fronte a México.

O calendario de David Mella, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primera Fase
Domingo 28 de setembro
MARROCOS 2 - ESPAÑA 0

Mércores 1 de outubro
ESPAÑA 2 - MÉXICO 2

Sábado 4 de outubro
ESPAÑA 1 - BRASIL 0

Oitavos de final
Martes 7 de outubro
UCRAÍNA 0 - ESPAÑA 1

Cuartos de final
Sábado 11 de outubro
22:00: ESPAÑA - COLOMBIA ou SUDÁFRICA, no Estadio Fiscal de Talca

No que vai de liga, David Mella xogou co Dépor en LaLiga Hypermotion 5 partidos, 3 deles como titular, e marcou 2 goles.