RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor - Cultural Leonesa

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo deste sábado 8 de novembro (18:30) fronte á Cultural Leonesa, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Hogar Sor Eusebia, Residencia PP. MM Palas de Rei, Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, Asociación de Persoas Xordas da Coruña, ASEM Galicia (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares), Asociación Antonio Noche, ACCEM (Asociación de Axuda ás Persoas en Exclusión Social), Asociación Misela (Asociación de Persoas con Discapacidade da Ría de Muros e Noia), Asociación Dignidad Galicia e Hogar Si.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.