RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Mfulu resalta que "sufrimos xuntos" e Helton Leite, que "temos a sensación de que fixemos as cousas ben"

Omenuke Mfulu e Helton Leite pasáronse pola zona mixta do estadio do Plantío.

O mediocentro africano afirmou que o Dépor logrou "3 puntos importantes nun campo no que sempre é difícil sumar puntos. Estamos moi contentos".

Resalta ademais que a dificultade aumentou ao estar unha parte do campo "conxelada. Non se podía correr e podíanse facer poucas cousas. Hai que adaptarse a todo o que hai pero foi un partido complicado".

Mfulu sostén que "queriamos facer bo o empate da semana pasada en Málaga. Lográmolo, estamos contentos pero hai que seguir sumando, seguir gañando partidos".

Finalmente subliña que "sufrimos xuntos, traballamos xuntos e logramos a vitoria".

Pola súa banda, Helton Leite confesa que "estamos moi contentos, moi felices pola vitoria. Xogar aquí é moi difícil, nun campo complicado, con boa afección. E hoxe o céspede un pouco conxelado. Xogamos moi ben e estamos felices por sumar os 3 puntos".

O gardameta brasileiro insiste en estar satisfeito porque "gañamos e tamén deixamos a portería a cero. Hoxe temos a sensación de que fixemos as cousas ben".