
DÉPOR · 29 MARZO 2025
O DEPORTIVISMO VIBROU EN RÍO DE JANEIRO COA VITORIA EN FERROL
O deportivismo vibrou a máis de 8.000 quilómetros de distancia co triunfo de Os Nosos ante o Racing de Ferrol.A Casa de España en Río de Janeiro foi o epicentro dunha xornada inesquecible para a numerosa comunidade galega residente en Brasil.Alí proxectouse en directo o partido do Dépor na Malata. Houbo cánticos durante os 90 minutos e alegría desbordada co gol de Yeremay e nada máis pitar o colexiado o final do encontro; e moita emoción co himno galego que soou antes de arrincar o encontro nos máis de 200 asistentes.Ademais houbo sorteo de merchandising do Club, unha comida típica galega e un partido de fútbol sala.Nunha clara chiscadela a esta histórica xornada, os deportivistas xogaron co equipamento amarelo 'A DÉ Brasil' que simboliza esta importante xira promocional do RC Deportivo, 'DÉ x Brasil', nunha das grandes potencias futbolísticas mundiais.

Longa fin de semana de descanso para un Dépor ABANCA sen liga...

O Dépor afronta o regreso á liga este domingo 11 de outubro a...

O Deportivo Genuine e a Asociación Pro Enfermos Mentales únen...

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...