RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Regreso en autocar e novo adestramento de Os Nosos este luns ás 11:30 no Dépor Training Center

Finalizado o encontro en El Sardinero, cuxo resumo podes ver ao pé desta noticia, Os Nosos emprenden viaxe de regreso en autocar á Coruña.

Antonio Hidalgo citou ao seu cadro este luns 20 de outubro no Dépor Training Center para unha nova sesión de traballo que arrincará ás 11:30.

A próxima cita en LaLiga Hypermotion para o Dépor será o domingo 26 de outubro ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR ante o Real Valladolid, en partido correspondente á 11ª xornada.