RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Segunda cita para David Mella no Mundial sub-20, este mércores ante México

-Foto:@rfef.es

 

David Mella e a selección española sub-20 afrontan este mércores 1 de outubro o seu segundo partido no Campionato do Mundo da categoría.

O rival será México ás 22:00 (hora galega) no Estadio Nacional en Santiago de Chile, retransmitido en directo por Teledeporte.

No primeiro partido ante Marrocos, o canteirán branquiazul, que dispuxo dunha boa oportunidade para marcar, saíu no once inicial e foi relevado no minuto 63 por Fortea.

Os españois non aproveitaron as súas ocasións pero si os marroquís, que se impuxeron por 2-0 con dous goles case consecutivos nos minutos 54 e 58.

Pola súa banda, México e Brasil empataron a dous goles no seu partido.

Así pois, Marrocos lidera o grupo con 3 puntos; por 1 México e Brasil. Pecha a táboa España con 0 puntos.

O calendario de partidos de David Mella, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Domingo 28 de setembro
MARROCOS 2 - ESPAÑA 0

Mércores 1 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - MÉXICO, no Estadio Nacional en Santiago de Chile

Sábado 4 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - BRASIL, no Estadio Nacional en Santiago de Chile

No que vai de liga, David Mella participou co Dépor en LaLiga Hypermotion en 5 partidos, 3 deles como titular, e marcou 2 goles.