
CANTERA · 30 XANEIRO 2026
A GOLEADORA KARLA BERMEJO REFORZA A DIANTEIRA DO DÉPOR ABANCA B
Karla Bermejo Matos (Barcelona, 7 de agosto de 2005) reforza a dianteira do Dépor ABANCA B no que queda de temporada, cedida polo Racing Power da Primera División de Portugal.Formada nas categorías inferiores do Son Sardina, debutou co primeiro equipo na temporada con tan só 15 anos.Na temporada 2020-21, Karla Bermejo foi a máxima goleadora das 3 primeiras ligas nacionais cun total de 31 goles.É internacional española en categoría sub-16, sub-17 e sub-19.Este venres, a futbolista barcelonesa adestrarase xa co filial de cara ao encontro deste domingo 1 de febreiro en Zubieta ante a Real Sociedad B.Karla Bermejo é unha vella coñecida do Dépor ABANCA posto que na temporada 2023-24 un gol seu nas filas do Atlético Baleares apeou a As Nosas na Copa de la Reina.


Despois de visitar o Madrid CFF o sábado 31 de outubro, As No...

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...

Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este ven...