
DÉPOR · 9 AGOSTO 2026
Á VENDA AS ENTRADAS DE PÚBLICO PARA O DÉPOR - ELCHE CF DA 1ª XORNADA DE LALIGA EA SPORTS
Xa están á venda as entradas para o partido do luns 17 de agosto ás 21:00 fronte ao Elche CF en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 1ª xornada de LaLiga EA Sports.Pódense adquirir en calquera momento premendo nesta ligazón e na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) na Avenida de la Habana s/n, con este horario: de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e o venres de 9:15 a 14:00.As persoas abonadas teñen prioridade ata este luns 10 de agosto ás 18:00 horas.Os prezos das localidades serán a partir de 40 euros, suxeitos a cambios segundo dispoñibilidade.Os soci@s amigo teñen un 10% de desconto na compra de entradas.Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos no caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.

Marisa García e Ainoa Gómez participaron na vitoria fronte á ...

Resultados de ANOSACANTEIRA feminina; este domingo con derrot...

Resultados en ANOSACANTEIRA, este domingo 13 con vitorias do ...

O Fabril dobrega en ABANCA-RIAZOR á SD Ponferradina, «un dos ...

O Dépor mantense invicto na liga tras empatar en Getafe nun p...

O Dépor ABANCA B cae por 2-0 ante a SD Eibar B no segundo par...