
DÉPOR · 9 AGOSTO 2026
O RC DEPORTIVO PECHA A CAMPAÑA 'O TEU LUGAR EN PRIMEIRA' CON 29.854 ABONADOS
O RC Deportivo pechou a campaña 'O teu lugar en Primeira' cun total de 29.854 abonados, deles 27.637 con asento, o tope máximo no Estadio ABANCA-RIAZOR.O Club lembra que os abonados e abonadas aínda poden solicitar o cambio de asento ata o mércores 12 de agosto, sempre dentro da súa mesma grada.Unha vez rematado o período con cita previa, do luns 17 ao venres 21 de agosto os cambios de asento poderán realizarse sen necesidade de cita previa.Por este motivo, o Club solicita a aqueles abonados que teñan unha cita reservada para pedir un cambio a outra grada que cancelen a súa cita para que outro deportivista poida aproveitar esa quenda.A Oficina de Atención ao Deportivista (OAD) atenderá no seu horario habitual: de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00 horas; e os venres de 9:15 a 14:00 horas.

Leo Román cre que "temos que medrar desde a portería a cero, ...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Elche CF da 1ª ...

Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretempo...

O Dépor faise co Trofeo Spagnolo ao derrotar o Genoa CFC no E...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este sábado 8 d...

Triunfo do Dépor ABANCA B ante o Real Oviedo no primeiro amig...