
DÉPOR · 9 AGOSTO 2026
LEO ROMÁN CRE QUE "TEMOS QUE MEDRAR DESDE A PORTERÍA A CERO, DESDE ESTAR XUNTOS"
Leo Román manifestou ao concluír o encontro ante o Genoa CFC que "o equipo estivo moi sólido en defensa. Iso é moi importante, deixar a portería a cero. Concedemos moi pouco".Iso si, advirte que "temos que aproveitar as oportunidades, que tamén o fixemos. Temos que medrar desde a portería a cero, desde estar xuntos... E ser moi sólidos atrás".Recalca que nestes partidos de pretemporada o Deportivo "estivo moi forte atrás. Quédanos iso, seguir medrando e afrontar o inicio de liga da mellor maneira posible".O porteiro deportivista opina que a concentración entre Alemaña e Italia "nos veu moi ben a nivel deportivo e humano para que nós, os novos, poidamos integrarnos o máis rápido posible. A verdade é que nolo están poñendo moi doado. Hai moi bo grupo. A xente está moi enriba".Lembra que "xogamos partidos complicados. Tivemos un pouco de todo e o equipo sempre deu a cara. Estivemos nos partidos en todo momento e iso é importante tamén".Aínda que os resultados son o de menos a estas alturas da temporada, Leo Román insiste en que "ser sólidos atrás vaiche facer estar preto dos partidos e poder engancharte en calquera momento".De feito, afirma que ante o Genoa CFC "seguimos crendo ata o final. Foi unha primeira parte difícil e ao final o equipo dá a cara, confía, está pechado atrás e aproveita a oportunidade que ten".

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...

Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este ven...

O Dépor ABANCA desprázase este sábado 17 ao País Vasco para o...