
DÉPOR · 9 AGOSTO 2025
A TRADICIONAL OFRENDA FLORAL A TERESA HERRERA E A RECEPCIÓN OFICIAL AOS PARTICIPANTES FORON O PREÁMBULO AO FÚTBOL
Como é tradicional, a mañá previa ao comezo do Trofeo Teresa Herrera estivo dedicada aos actos protocolarios.En primeiro lugar tivo lugar unha ofrenda floral a Teresa Herrera, filántropa coruñesa que dá nome ao decano dos torneos estivais no mundo, na igrexa de San Nicolás, onde repousan os seus restos mortais.A continuación, o epicentro trasladouse ao Palacio Municipal na Praza de María Pita.Os equipos participantes foron recibidos pola corporación municipal da cidade encabezada pola alcaldesa Inés ReY. Houbo intercambio de agasallos entre os clubs e o Concello da Coruña.Por parte do RC Deportivo asistiron os conselleiros Carlos Ballesta e Vicente Fernández.

Fernando Soriano advirte que "non imos precipitarnos en ningú...

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...