
DÉPOR ABANCA · 14 NOVEMBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ DESTACA O "RETO DE SABER QUE NOS ENFRONTAMOS A UN DOS MELLORES EQUIPOS DO MUNDO"
Alberto Rodríguez manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que o FC Barcelona, rival este domingo 15 de novembro ás 18:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR, "se non o mellor é un dos mellores equipos do mundo; pero enfrontarse ás mellores é a mellor maneira de poñerse a proba, de medirse e de ver onde está cada unha a nivel individual, como estamos como corpo técnico, como estamos a nivel colectivo, a nivel de duelos".Vaticina momentos nos que o Barça "nos domine coa pelota máis do que quixésemos pero nese equilibrio emocional vai haber moitas bazas para sufrir menos e tratar de xestionar os momentos con balón da mellor maneira que sabemos".O técnico deportivista fala de "motivación e de reto de saber que nos enfrontamos a un dos mellores equipos do mundo. E iso tamén é unha boa proba para nós".Finalmente Alberto Rodríguez cre que para frear o FC Barcelona hai que "rozar a perfección en todo o que queremos facer, intentar desnaturalizalas na medida do posible e que o Barça nas situacións próximas á nosa portería non teña o mellor día ou que nós provoquemos que esas situacións non sexan todo o limpas que o Barça quere".Pide "manterse emocionalmente estable no partido sabendo que vai ser longo, como o son todos os do FC Barcelona".

Un Dépor ABANCA "en óptimas condicións" malia disputar o seu ...

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes abren este d...

Empate no Arsenio Iglesias entre un Fabril que "quixo ir pola...

José María Giménez seguiu desde o banco a vitoria de Uruguai ...

Lucas Noubi xogou completo con Bélxica sub-21 un partido amig...

Amatucci foi titular con Italia sub-21 no triunfo ante Franci...