RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Un Dépor ABANCA "en óptimas condicións" malia disputar o seu terceiro partido en 6 días mídese ao Barça nun ABANCA-RIAZOR no que se agarda "moito ambiente branquiazul"

DÉPOR ABANCA · 14 NOVEMBRO 2026

UN DÉPOR ABANCA "EN ÓPTIMAS CONDICIÓNS" MALIA DISPUTAR O SEU TERCEIRO PARTIDO EN 6 DÍAS MÍDESE AO BARÇA NUN ABANCA-RIAZOR NO QUE SE AGARDA "MOITO AMBIENTE BRANQUIAZUL"

O Dépor ABANCA disputa este domingo 15 de novembro ás 18:00 (Dazn) ante o FC Barcelona o seu terceiro partido en 6 días, con desprazamento incluído, tras a derrota (0-2) ante o Valencia CF Femenino do pasado luns 9 e o triunfo (0-1) da Copa de la Reina en Barcelona o pasado xoves 12 fronte ao CE Europa.As Nosas chegan a este encontro da 11ª xornada da Liga F con 11 puntos na 10ª posición.Alberto Rodríguez, na rolda de prensa previa, subliña que "a semana foi longa non só polos partidos senón polas viaxes. Aínda nos quedan máis de 24 horas para o partido. As xogadoras van poder recuperarse e chegaremos en óptimas condicións, con todas as xogadoras que puideron participar nestes últimos partidos dispoñibles. Con ganas do partido e de tratar de poñerlles as cousas difíciles ao Barça".O técnico deportivista espera "moito ambiente" nas bancadas de ABANCA-RIAZOR: "Esperamos moito ambiente blanquiazul e que non só sexa no partido contra o Barça senón que estas sinerxías que se están xerando en ABANCA-RIAZOR, coa implicación que están tendo, esperamos o mesmo ou máis".Quere que ao longo da temporada, ANOSAFORZA sexa "o xogador número 12 que nos axude a gañar moitos partidos e a sufrir o menos posible, neste caso contra o FC Barcelona haberá momentos de sufrimento. Son pequenas armas que temos como club".

aitana.jpeg

Foto: FC BarcelonaPola súa banda, o FC Barcelona lidera a táboa con 27 puntos.Se o Dépor ABANCA tivo Copa de la Reina, as azulgrana empataron co Arsenal en Champions League entre semana.En liga esta campaña o Barça lonxe do seu estadio gañou ao Sevilla FC (0-4), ao Deportivo Alavés (0-6), ao Logroño United (0-2) e ao FC Badalona Women (0-4); e caeu coa Real Sociedad (2-1).O seu técnico, Pere Romeu, manifestou do Dépor ABANCA que "fai as cousas ben. É un rival alegre, que se llo permites ten un bo dominio do balón, que intenta recuperar o balón o antes posible, agresivo, e defensivamente cun bloque medio bastante activo, que intervén bastante co balón".Finalizado o choque, As Nosas adestraranse de novo o mércores 18 de novembro ás 11:00 no Dépor Training Center.