
DÉPOR ABANCA · 1 OUTUBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ: "ESTAMOS MELLORANDO CADA VEZ MÁIS NO QUE QUEREMOS SER COMO EQUIPO"
Alberto Rodríguez asegurou este xoves 1 de outubro na sala de prensa do Dépor Training Center que o Dépor ABANCA está "con moitas ganas de resarcirnos dese final amargo da semana pasada. Foi unha mágoa non conseguir os 3 primeiros puntos en ABANCA-RIAZOR".Así pois, o encontro deste sábado 3 de outubro ante o Atlético de Madrid (16:00, Dazn, Teledeporte e RTVE Play) "afrontámolo con ese entusiasmo, sabendo que nos enfrontamos a un dos grandes da Liga F, pero con todas as ganas do mundo de gañar na casa por primeira vez e dedicarllo tamén a ANOSAFORZA".Do conxunto colchonero, o técnico deportivista afirma que "é un equipo perigoso a nivel individual. Veñen dunha derrota e iso fainas aínda máis perigosas, se cabe".Con todo, subliña que "estamos mellorando cada vez máis no que queremos ser como equipo. O outro día (ante o RCD Espanyol) marchamos con moi boas sensacións a nivel de xogo, aínda que non tanto no resultado".O preparador branquiazul lembra que "é o segundo partido seguido en ABANCA-RIAZOR. O outro día a afección veu en gran número e escoitóuselles, que é o máis importante. Sentilos do noso lado sempre fai que, neses momentos de dúbida, o equipo dea un paso á fronte e que poidamos afrontar os partidos con maiores garantías".Finalmente, Alberto Rodríguez agarda un partido "de ti a ti. Teremos que estar moi atentas nas vixilancias porque o Atlético, cando corre, fai moito dano. Temos claro o plan de partido e onde lles podemos facer dano. Trataremos de que o partido vaia máis cara ao noso lado que ao do Atlético de Madrid e de que, co paso dos minutos, se vaia equilibrando onde nós queremos".

Manuel Pablo pídelle ao seu equipo en Logroño «medrar nós co ...

Sofía Domínguez, na súa presentación: «Sempre quixen saber co...

Este venres 2 de outubro abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os desp...

Inês Pereira, convocada por Portugal para o play off ante Irl...

Amigable entre Dépor e FC Oporto este venres 2 de outubro en ...

Resultados deste mércores 30 de setembro en ANOSACANTEIRA e c...