
INFANTIL A · 28 OUTUBRO 2025
AMIGABLES DOS INFANTÍS NUNHA SEMANA DE PARÓN LIGUEIRO POLOS COMPROMISOS DA SELECCIÓN GALEGA SUB-14
Os dous equipos infantís do RC Deportivo teñen partido amigable nesta semana de parón ligueiro na División de Honra polos compromisos da selección galega sub-14 na Primera Fase do Campionato de España en Poio (Pontevedra).Precisamente este martes 28 adéstranse co combinado galego no campo de A Seca de Poio os deportivistas Julen Díaz, Enzo Pose, Hugo Macedo e Santiago Matías; ademais de Martín Brandon e Xiao Fontao do San Tirso SD Infantil.Así, o Infantil, líder da División de Honra con 21 puntos mídese este mércores 29 de outubro ás 18:30 no campo das Eiroas ao Bergantiños CF B cadete; e o San Tirso SD Infantil, 4º clasificado con 14 puntos, este venres 31 de outubro ás 20:30 en Ponte dos Brozos ao Atlético Arteixo.O calendario de amigables desta semana é o seguinte:BERGANTIÑOS CF B (cadete) - INFANTIL, este mércores 29 de outubro ás 18:30 nas Eiroas (Carballo)ATLÉTICO ARTEIXO - SAN TIRSO SD INFANTIL, o venres 31 de outubro ás 20:30 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

O Dépor ABANCA Alevín xogará este domingo 14 a final da Fase ...

Fases finais para ANOSACANTEIRA nos torneos amigables de Alem...

Saídas a partir do 30 de xuño no Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA Alevín conclúe a primeira fase do Torneo LaLig...

Resultados deste venres en ANOSACANTEIRA; con triunfos do Ale...

Nsongo Bil, presente e futuro branquiazul ata 2030