
CANTERA · 29 XUÑO 2026
ANOSACANTEIRA PECHA A TEMPORADA 2025-26 E XA MIRA AO FUTURO COA MESMA ILUSIÓN
Á espera de que o Alevín A e o Benxamín A disputen no mes de agosto as finais do Mini Trofeo Teresa Herrera sobre a herba do Estadio ABANCA-RIAZOR, como antesala dos Trofeos Teresa Herrera masculino e feminino, ANOSACANTEIRA pon o punto e final á temporada 2025-26.Quedan atrás meses de entrega, esforzo e aprendizaxe. Xornadas interminables no Dépor Training Center, centos de adestramentos, partidos oficiais e amigables, viaxes por toda a xeografía, concentracións, celebracións inesquecibles e tamén momentos difíciles que serviron para medrar.O camiño do fútbol, como o da vida, está feito de vitorias e derrotas, de alegrías e decepcións, de sacrificio e superación. E, entre todo iso, sempre houbo espazo para outra prioridade: a formación académica, inseparable do crecemento dos nosos mozos e mozas.ANOSACANTEIRA non só forma futbolistas. Forma persoas comprometidas, responsables, humildes e solidarias, capaces de representar con orgullo os valores do RC Deportivo dentro e fóra do terreo de xogo.Cada adestramento, cada partido e cada experiencia vivida durante o curso contribúen a construír o futuro de quen algún día defenderá o escudo branquiazul... e tamén de quen levará ese aprendizaxe a calquera ámbito da súa vida.Agora chega o momento de parar, de descansar, de gozar da familia e dos amigos, de recuperar enerxías e de atesourar as lembranzas dunha temporada que deixa innumerables momentos.Pero o deportivismo nunca deixa de mirar cara adiante. Dentro duns semanas comezará unha nova ilusión. A temporada 2026-27 traerá novos desafíos para todos os equipos de ANOSACANTEIRA, desde o Fabril, que competirá en Primera Federación, e o Deportivo ABANCA B, en Segunda Federación, até o máis pequeno da casa, o Fabril FC Benxamín.Novos soños por cumprir. Novos retos por afrontar. Novos pasos cara ao futuro co mesmo compromiso, a mesma paixón e o mesmo escudo sobre o peito.Grazas a todos os xogadores, xogadoras, corpos técnicos, persoal do Club e familias por facer posible unha temporada máis de crecemento, aprendizaxe e sentimento branquiazul.ANOSACANTEIRA nunca deixa de crer, de formar e de soñar.

O RC Deportivo, elixido Club do Mes de LaLiga en Comunicación

O RC Deportivo e Carlos Ballesta, recoñecidos na gala anual d...

Segunda semana dos DéporCampus xa en marcha; e últimas horas ...

Primeiro amigable confirmado para o Fabril, o sábado 8 de ago...

España, con Lucía Rivas e Redru no banco, arrinca o Europeo s...

Toneladas de solidariedade deportivista rumbo a Venezuela