
FUNDACIÓN · 29 XUÑO 2026
SEGUNDA SEMANA DOS DÉPORCAMPUS XA EN MARCHA; E ÚLTIMAS HORAS PARA INSCRIBIRSE NAS SEDES DE MONFORTE DE LEMOS, OURENSE, SANTA COMBA E NA SEGUNDA QUENDA DE CARANZA
O verán branquiazul continúa escribindo novas historias de ilusión. Tras o éxito da primeira semana, os DéporCampus volveron abrir as súas portas este luns 29 de xuño para recibir a 400 nenos e nenas, que vivirán unha nova experiencia marcada polo fútbol, o compañeirismo e os valores que identifican ao RC Deportivo.Os sorrisos, os primeiros pases, os xogos e as ganas de aprender volveron encher de vida as diferentes sedes desta segunda semana, que se desenvolverá no Dépor Training Center, Caranza, Cee e o Colexio Internacional de Eirís.Durante os vindeiros días, as e os participantes compartirán adestramentos, farán novas amizades, descubrirán o valor do traballo en equipo, aprenderán a superarse e gozarán dunha experiencia inesquecible na que o fútbol é o punto de partida para transmitir os principios que definen o deportivismo.Cada verán, os DéporCampus convértense nun lugar onde nacen recordos que acompañan para sempre. Un espazo no que a ilusión das máis pequenas e dos máis pequenos se mestura coa paixón polo deporte e o orgullo de formar parte do Dépor.

Os adestradores e adestradoras de ANOSACANTEIRA implantan a metodoloxía de adestramento que os equipos de ANOSACANTEIRA levan a cabo no Dépor Training Center.Así, as e os participantes realizan:-Circuitos coordinativos.-Xogos de relación co balón.-Habilidade co balón.-Desafíos técnicos.-Xogos de posición.-Partidos reducidos ou minipartidos.-Xogo real cunha liga interna.Os obxectivos marcados son os seguintes:-Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón.-Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.-Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.-Transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.
Detrás de cada balón hai un soño. Detrás de cada adestramento, unha oportunidade para medrar. E detrás de cada sorriso, a certeza de que o mellor resultado sempre será seguir formando persoas a través do deporte.

Últimas horas para inscribirse nas sedes da 3ª semanaEste martes 30 de xuño ás 14:00 conclúe o prazo de inscrición en Monforte de Lemos, Ourense, Santa Comba e Caranza (2ª semana).Tamén están abertas as sedes de Boiro, Cedeira, Cuntis, Silleda, Vila de Marín, Vilalba e Zas.O Dépor Training Center, Bertamiráns e o Colexio Santa María do Mar teñen as súas prazas esgotadas.Toda a información sobre cada sede, cada quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase premendo aquí, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto, que tamén se pode establecer a través de [email protected].

Calendario de sedesDurante a 3ª semana, do 6 ao 10 de xullo, o campus celebrarase en Monforte, Santa Comba, Caranza, Colexio Internacional Eirís e Colexio Santa María del Mar.Na 4ª semana, do 13 ao 17 de xullo, as sedes serán Bertamiráns, Boiro, Vilalba e Silleda.Na 5ª semana, do 20 ao 24 de xullo, o campus chegará a Zas e Cuntis.Finalmente, na 6ª semana, do 27 ao 31 de xullo, as actividades desenvolveranse en Cedeira e Marín.As novidades nas sedes do Dépor Training Center, en funcionamento as 6 semanas, e o Colexio Santa María del Mar este ano 2026 será que contan con servizo de madrugadores.


O RC Deportivo e Carlos Ballesta, recoñecidos na gala anual d...

Primeiro amigable confirmado para o Fabril, o sábado 8 de ago...

ANOSACANTEIRA pecha a temporada 2025-26 e xa mira ao futuro c...

España, con Lucía Rivas e Redru no banco, arrinca o Europeo s...

Toneladas de solidariedade deportivista rumbo a Venezuela

O Dépor regresa o 29 de xullo a Vilalba para medirse ao CD Lu...