
CANTERA · 29 XUÑO 2026
O RC DEPORTIVO E CARLOS BALLESTA, RECOÑECIDOS NA GALA ANUAL DA AFAC
O RC Deportivo e o seu conselleiro Carlos Ballesta foron distinguidos na cea anual da Asociación de Fútbol Aficionado Coruñés (AFAC), nun acto que reuniu representantes do fútbol coruñés para recoñecer o labor de persoas e entidades destacadas pola súa contribución ao deporte de base.En representación do Club, o Director de Fútbol Formativo, Ismael Arilla, recolleu o Premio de Honra da AFAC, concedido ao RC Deportivo en recoñecemento ao apoio prestado aos clubs asociados á entidade, especialmente nos momentos máis complicados.A AFAC destacou que o galardón recoñece o Club polo "apoio prestado aos clubs asociados á AFAC mesmo en momentos críticos e en conxunturas nada favorables, ao teren caído os ingresos a mínimos. O RC Deportivo sempre estivo aí para axudar aos clubs da cidade, por iso é máis que merecido este premio".Así mesmo, Carlos Ballesta, conselleiro do RC Deportivo, recibiu o Premio Concello da Coruña, un recoñecemento a unha dilatada traxectoria vencellada ao fútbol.A AFAC subliñou que a distinción pon en valor "a súa traxectoria sobradamente coñecida en todos os ámbitos, como xogador profesional, técnico e membro de diferentes corpos técnicos, ademais de representar agora o club na esfera do seu consello de administración".Con estes recoñecementos, a AFAC pon en valor o compromiso do RC Deportivo co desenvolvemento do fútbol base da cidade e a traxectoria dunha figura como Carlos Ballesta, cuxa vinculación co deporte e co Club se mantivo ao longo das distintas etapas da súa carreira.


O RC Deportivo, elixido Club do Mes de LaLiga en Comunicación

Segunda semana dos DéporCampus xa en marcha; e últimas horas ...

Primeiro amigable confirmado para o Fabril, o sábado 8 de ago...

ANOSACANTEIRA pecha a temporada 2025-26 e xa mira ao futuro c...

España, con Lucía Rivas e Redru no banco, arrinca o Europeo s...

Toneladas de solidariedade deportivista rumbo a Venezuela