
DÉPOR · 20 ABRIL 2026
ANTONIO HIDALGO ADVIRTE QUE "TEMOS QUE ESTAR PREPARADOS PARA TODO TIPO DE EMOCIÓNS"
Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR após derrotar ao CD Mirandés que "temos que estar preparados para todo tipo de emocións. Isto vai ser así até o final, até o último momento. Temos que seguir empuxando para loitar por todo e sumar de 3 porque a cantidade de puntos que está a sacar todo o mundo nas últimas xornadas é brutal".Ve a un Dépor "moito máis sólido en moitos momentos e hai que seguir empuxando".O técnico deportivista cre que "é brutal o que transmite ANOSAFORZA, o que sente. Cando estás no banco, no campo, transmite moita forza. Estou moi agradecido porque estamos a empuxar todos, pola ilusión que hai creada, sabendo a dificultade que ten á categoría".Preguntado por Yeremay, de regreso ao once inicial ante o CD Mirandés, lembra "o talento que ten, o diferencial que é. Pasou un proceso longo para el, sufriu moito. Entendemos os momentos necesarios para que volvese nas mellores condicións. Aínda así iso non se lle vai dun día para outro pero o partido de hoxe vaille a dar moita confianza".

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...