
DÉPOR · 4 SETEMBRO 2026
ANTONIO HIDALGO: "A HUMILDADE TEN QUE SER A NOSA PRIMEIRA PEDRA PARA PODER COMPETIR CADA DÍA"
Antonio Hidalgo lembrou este venres 4 de setembro na sala de prensa do Dépor Training Center «a dificultade que ten a categoría. Somos un equipo acabado de ascender. Imos ter que loitar, sufrir, competir cada día ao límite para poder sumar de 3 e conseguir os 42, 43 puntos que che dean a permanencia».Admite que as fichaxes de Casadó, Gimenez ou Adama Traoré «fanche reformular cousas, pero estamos nun proceso. Ás veces, os procesos son máis longos do que se pode levar, pero polo camiño tes que seguir competindo. Vimos de facer un gran partido o outro día, de sumar de 3, pero hai que pensar no partido ante o Villarreal CF», deste sábado 5 de setembro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga) no Estadio de La Cerámica.O técnico deportivista advirte de que o encontro ante o 'Submarino Amarillo' «ten unha dificultade altísima».Insiste en que «o obxectivo este ano é conseguir esa permanencia canto antes. Son situacións que temos que ir vendo, a dificultade, a humildade. Isto vai de demostrar cada día no campo do que es capaz contra os rivais aos que te vas enfrontar. Todo vai ser complicado. Temos que ter esa sensación de poder loitar, competir contra todo o mundo».Do Villarreal CF, opina que «é un rival de Champions cun talento brutal. Vai moi arriba a presionarte, ten moitísimo balón, ese un contra un por fóra, con diferentes estruturas para poder atacarte e facerche dano; polo que tes que estar moi axustado».Con todo, o preparador branquiazul pensa que «para min todo son grandes tests, desde o Elche CF, o Valencia CF, Málaga CF, agora Villarreal CF. Irán chegando. Cando ves fútbol de Primera División, que nos últimos anos non tiven a sorte de ver tanto, ves as estruturas dos equipos, como as van cambiando, como van modificando, non dun partido a outro, senón dentro do mesmo partido. Isto fai que esteas moito máis alerta. Hai que saber a dificultade que ten e competir sempre ao 100%».Finalmente, Antonio Hidalgo conclúe que «a humildade ten que ser a nosa primeira pedra para poder competir cada día».

Resultados deste venres 4 dos alevíns e benxamíns en Narón, a...

Manuel Pablo cre que o Fabril está "no punto de seguir medran...

Alberto Rodríguez: "Temos a confianza de que, a medida que se...

Un equipo 'Champions', o Villarreal CF, crúzase este sábado 5...

Á venda as entradas para o público para os partidos do Dépor ...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...