RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo: "Imos ir con toda a ambición e con todo o que se necesita para afrontar con garantías un partido complicado"

DÉPOR · 28 OUTUBRO 2026

ANTONIO HIDALGO: "IMOS IR CON TODA A AMBICIÓN E CON TODO O QUE SE NECESITA PARA AFRONTAR CON GARANTÍAS UN PARTIDO COMPLICADO"

Antonio Hidalgo manifestou este mércores 28 de outubro na sala de prensa do Dépor Training Center que «sempre é bo competir na Copa del Rey. Paréceme unha competición bonita. Agora, a un partido, todo se iguala moitísimo».Advirte que é necesaria «esa mentalidade forte e saber que temos que dar ese punto máis para competir en todos os escenarios».Do Auriense CA, rival este xoves 29 de outubro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga) na Copa, apunta que «para a categoría na que está intenta moitísimas cousas co balón, con moitísima ameaza á última liña. Temos que ir con todo mañá, dar o noso 100 % cada un para pasar de rolda».O técnico deportivista asegura que «imos ir con toda a ambición e con todo o que se necesita para afrontar con garantías un partido complicado ante un equipo que fai moitísimas cousas, que está ben adestrado, ben traballado e que nos vai poñer as cousas difíciles».Co partido ligueiro ante o CA Osasuna este luns 2 de novembro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga e Dazn en aberto) en ABANCA-RIAZOR, Antonio Hidalgo insiste en que «a min a Copa nunca me estorba. É unha competición que me gusta, que hai que competir con todo. Canto máis tempo teñas para preparar partidos ou nunha semana normal, mellor. O que ten esta semana é que tes que dividir o grupo para poder traballar cos diferentes onces que un teña na cabeza. Pero hai que competir. Esa sensación de gañar ten que volver. E iso para min é fundamental».Admite que ten en mente dar minutos aos xogadores con menos participación na liga: «Temos un cadro amplo, con xente moi preparada, desexando ter minutos e poder competir en partidos de 90 minutos. Niso estaremos».Finalmente, Antonio Hidalgo lembra que «un sempre estivo na parte contraria, sendo quen recibe a un equipo grande; e sabes a motivación coa que o Auriense vai afrontar mañá o partido. Nós temos que poñer o once que mellor poida competir mañá, sabendo que hai xogadores que levan tempo sen participar. Imos pedirlles diferentes cousas, competitividade sobre todo. É un partido no que hai que estar moi atentos desde o minuto 1».

Real Club Deportivo de A Coruña