RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Os Nosos estréanse na Copa del Rey este xoves 29 de outubro no Couto ante o Auriense CA, «un rival cunha ilusión e unha motivación extra»

DÉPOR · 28 OUTUBRO 2026

OS NOSOS ESTRÉANSE NA COPA DEL REY ESTE XOVES 29 DE OUTUBRO NO COUTO ANTE O AURIENSE CA, «UN RIVAL CUNHA ILUSIÓN E UNHA MOTIVACIÓN EXTRA»

O Deportivo estréase na presente edición da Copa del Rey ante o Auriense CA este xoves 29 de outubro ás 21:00 (Movistar LaLiga) no campo do Couto, fronte «a un rival cunha ilusión e unha motivación extra», alertou Antonio Hidalgo na rolda de prensa.Os Nosos chegan ao encontro tras a derrota pola mínima (1-0) na liga do pasado sábado ante o Atlético de Madrid.«Temos que seguir insistindo, temos que mellorar, temos que saber que debemos dar ese paso máis para sumar de 3, que é o que necesitamos», apuntou o preparador deportivista na rolda de prensa previa.Serán baixa en Ourense os lesionados Aubameyang, Eddahchouri, Casadó e Bright Ede.O técnico deportivista salienta a súa «boa evolución. Van pouco a pouco integrándose e imos ver se podemos recuperar canto antes a xente que temos fóra».De feito, ademais de Aubameyang, este mércores Zakaria Eddahchouri e Marc Casadó completaron a activación co grupo antes de continuar o seu plan de readaptación física baixo a supervisión de Fernando Rodríguez.Sobre o dianteiro francés, o adestrador do Dépor recoñece que o seu regreso «está preto. Imos ver a tolerancia ás cargas, se o xeonllo non pon ningún impedimento. Se el se vai atopando ben, terémolo canto antes. Aquí o importante é ter ese punto de cautela, escoitalo moito e, cando estea en plenas condicións, volverá».Así mesmo, sobre Eddahchouri, comentou que «non sabemos exactamente a data de regreso».

casado1028.jpg

O corpo técnico dispuxo na sesión unha activación con rondos, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.Kevin Sánchez, Noé, Rubén López, Martín Ochoa e Yayo foron os representantes de ANOSACANTEIRA. "Van ir todos ou case todos", admitiu Hidalgo.Preguntado por Noé, indica que "en Lugo asustouse máis da conta e non pasou dunha sobrecarga ou algo así. Estivo adestrando con normalidade. Mañá vai ter a oportunidade de contar con minutos. Necesitamos que dea un paso adiante no que se refire a poder competir, mostrarse, a esa necesidade de asentarse no primeiro equipo. Imos estar ao seu carón, darlle moito agarimo, seguir empurrándoo, pero temos que poñerlle esa cota de responsabilidade.E de Kevin advirte que "el sabe que esa xogada (coa que concluíu o encontro do Metropolitano) ten que acabar en gol. Estamos preto del, como non podía ser doutro xeito. É un rapaz traballador, que nos está a dar situacións á última liña, ocasións nos últimos minutos. Son circunstancias que el ten que ir manexando. Dáo todo en todos os adestramentos e iso é o que lles temos que pedir aos nosos".Pola súa banda, o Auriense CA, campión da Supercopa galega, accedeu á Copa del Rey tras superar na eliminatoria previa o CD San José de Soria.O conxunto ourensán ocupa actualmente a 14ª praza no grupo sur da Preferente Autonómica con 7 puntos.As entradas, desde 20 euros, pódense adquirir en calquera momento nesta ligazón.Finalizado o encontro, Os Nosos adestraranse de novo o venres 30 de outubro ás 12:00 no Dépor Training Center.

  • ximoycasado1028.jpg
  • lucasnoubi1028.jpg
  • angeliño1028.jpg
  • noe1028.jpg
  • quagliata1028.jpg