
DÉPOR · 28 OUTUBRO 2026
FEU VERT CONVÉRTESE EN COLABORADOR OFICIAL DO RC DEPORTIVO
O RC Deportivo e Feu Vert asinaron un acordo polo que a compañía de automoción se converte en colaborador oficial do Club durante esta temporada.Esta alianza supón a incorporación dunha marca de referencia ao ecosistema de socios corporativos da entidade branquiazul, que continúa ampliando a súa rede de apoio con empresas sólidas e comprometidas co territorio.Feu Vert é un taller mecánico especializado no coidado, reparación e mantemento do automóbil, con 100 centros en toda España e especializado en mantemento, reparación e pneumáticos para o automóbil.Este tipo de alianzas resultan fundamentais, xa que contribúen a reforzar e impulsar o desenvolvemento do Club, mantendo así o seu compromiso de construír relacións con empresas que acheguen valor tanto á institución como á súa masa social.Ambas as entidades traballarán conxuntamente para que esta colaboración se traduza en accións que xeren valor para o deportivismo, reforzando a proximidade da marca coa afección.

Parte médico de Merle Barth

FC Barcelona o domingo 15 de novembro ás 18:00 en ABANCA-RIAZ...

Calendario da semana en ANOSACANTEIRA, co Fabril en Zamora o ...

A RC Deportivo Fundación pecha a súa expedición en Cabo Verde...

Aberto o prazo de solicitude de entradas para o partido ante ...

Nace 'Falas Dépor', un foro do 13 ao 15 de novembro para conv...