
DÉPOR · 31 AGOSTO 2026
AUBAMEYANG CRE QUE A VITORIA ANTE O VALENCIA CF "É MOI IMPORTANTE PARA A CONFIANZA"
Pierre-Emerick Aubameyang pasou pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR tras anotar un dos 3 goles do Dépor ante o Valencia CF.Afirmou que «era importante gañar despois de dous bos partidos. Faltábanos un pouquiño. Hoxe (por onte) fixémolo ben. Estou contento polo equipo, pola afección. Gañar en ABANCA-RIAZOR é moi importante».O dianteiro deportivista asegura sobre a súa xeira goleadora que «preparámonos moi ben. Este verán traballei moito para estar listo. Estou contento».Totalmente adaptado ao seu novo equipo, quere «agradecerlle ao Club e a toda a xente de A Coruña porque, desde que cheguei, a xente é moi amable comigo».Aubameyang advirte sobre o ambiente en ABANCA-RIAZOR que «necesitamos que toda a xente empurre porque che dá unha enerxía extra. Hoxe sentímolo no campo».O '7' deportivista insiste en que o triunfo «é moi importante para a confianza e tamén para o futuro. Todos fixemos un bo partido».Finalmente, preguntado por Bil, a súa parella este domingo na punta de ataque, opina que «está a facer un inicio de temporada incrible. Está a facer partidos nos que nos achega moito co seu físico. Estou contento. O terceiro gol vén del. É merecido. Non é seu, pero para min si. É un rapaz moi tranquilo, moi bo. Se xogamos xuntos, xogamos ben. Entendémonos moi ben».

O amigable do Infantil en Narón este martes 1 de setembro abr...

Sesión pospartido no Dépor Training Center cun agarimoso home...

Charlie Patiño, cedido esta temporada ao VfL Bochum

Ferrán Seco apuntala a defensa do Fabril

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Antonio Hidalgo cre que o Dépor "fixo un partido moi interesa...