RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B o domingo ás 17:00 no campo Arsenio Iglesias

CANTERA · 3 OUTUBRO 2025

CALENDARIO DE ANOSACANTEIRA FEMININA, CO DÉPOR ABANCA B O DOMINGO ÁS 17:00 NO CAMPO ARSENIO IGLESIAS

Este sábado 4 de setembro arrincan a competición na Liga Galega o Orzán SD Cadete, o Orzán SD Infantil e o Orzán SD Infantil B fronte ao Rápido de Neda, CD As Pontes e UC Cee respectivamente.Ademais, o Orzán SD Sub-21 recibe na Tercera Federación ao Sárdoma CF, ás 18:30 na Torre.Para o domingo 5 quedan dous encontros.Ás 16:00 en La Torre, o Orzán SD Xuvenil mídese ao SCD Pastoriza na 3ª xornada da Primera Autonómica.O prato forte será no campo Arsenio Iglesias do Dépor Training Center. Ás 17:00 o Dépor ABANCA B mídese á Real Sociedad B na 5ª xornada en Segunda Federación.As branquiazuis, con 10 puntos, ocupan a 2ª posición a 2 puntos do liderado.O Club activou o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do Dépor Training Center.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.O calendario de partidos é o seguinte:Segunda Federación5ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL SOCIEDAD B, o domingo 5 de outubro ás 17:00 no campo Arsenio IglesiasClasificación: 1. RC Celta, 12 puntos; 2. Real Racing Club e Dépor ABANCA B, 10 puntos; 4. Athletic Club B, 9 puntos; 5. Sporting de Gijón, 8 puntos; 6. Real Sociedad B, 7 puntos...Tercera Federación3ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - SÁRDOMA CF, o sábado 4 de outubro ás 18:30 na Torre (campo 2)Primera Autonómica3ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SCD PASTORIZA, o domingo 5 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 2)Liga Galega cadete1ª xornada: SD RÁPIDO DE NEDA - ORZÁN SD CADETE, o sábado 4 de outubro ás 12:15 no campo Juanito González (Neda)Liga Galega infantilGrupo 1º, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL - CD AS PONTES, o sábado 4 de outubro ás 12:30 na Torre (campo 1)Grupo 2º, 1ª xornada: UC CEE - ORZÁN SD INFANTIL B, o sábado 4 de outubro ás 19:00 no campo Sampaio de Refoxos (Cee)