
CANTERA · 8 ABRIL 2026
CALENDARIO EN ANOSACANTEIRA, CO FABRIL O DOMINGO ÁS 12:00 EN ABANCA-RIAZOR COMO CITA ESTELAR
ANOSACANTEIRA retoma a competición após o parón da Semana Santa.A fin de semana arrincará o sábado 8 cunha apaixonante xornada.No campo Arsenio Iglesias ás 11:30 o Xuvenil A, 2º na táboa, mídese ao Real Racing Club (4º); e ás 12:00 no campo 8 do Dépor Training Center o Infantil (líder da División de Honra) ao ED Val Miñor Nigrán (2º).Ás 11:45, o San Tirso SD Cadete recibe no Monte ao Racing de Ferrol.Fóra de casa o Xuvenil B enfróntase en Santa Isabel ao CD Conxo Santiago (18:00).Ademais, na Torre en fútbol 8 o Alevín A enfróntase ao Atlético Coruña Montañeros CF (12:00), o Fabril FC Alevín ao Ural Español CF (14:00) e o Fabril FC Benxamín ao Ural Español CF (9:00).Para a xornada do domingo 12 de abril queda o prato forte en ANOSACANTEIRA.O Fabril recibe á UD Ourense en ABANCA-RIAZOR ás 12:00 ().O filial deportivista, coa súa goleada en Burgos (1-4), chega ao encontro con 63 puntos por 54 puntos do segundo clasificado, o Oviedo Vetusta; é dicir, 9 puntos de vantaxe a favor dos fabrilistas con 12 en xogo.A mala noticia da semana é a lesión de Hugo Ríos. O capitán será intervido cirurxicamente este xoves 8 de abril no Hospital Quirónsalud por parte do traumatólogo Óscar Gayoso da súa lesión no ligamento lateral externo do seu xeonllo dereito.O capitán únese así ás baixas de Damián Canedo, Manu Ferreiro, Garrido e Pablo Cortés.Iso si, regresan de sanción Nájera e Enrique.Os socios e socias xa poden retirar a súa entrada gratuíta e obrigatoria a través da web , na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin.Abriranse en principio as bancadas de Preferencia Inferior e Marathón Inferior.A medida que se vaian esgotando habilitarase a continuación Preferencia Superior.Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.Completa a xornada do domingo 12 de abril a visita do San Tirso SD Infantil ao Racing de Ferrol ás 10:00 no campo de Aneiros, a do Alevín ao CD As Pontes en fútbol 11 ás 12:10 en O Poboado e a do Benxamín A ante o CD Calasanz ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 1).E no Dépor Training Center o Cadete, que avantaxa en 1 punto ao RC Celta á fronte da División de Honra, xoga ante o CD Areosa (11:30).Finalmente, o Benxamín A participa o sábado 11 de abril na primeira edición da Nudesa Cup no campo de fútbol Outeiriño - Joselu Mato en Silleda.O calendario de partidos é o seguinte:Segunda Federación31ª xornada: FABRIL - UD OURENSE, o domingo 12 de abril ás 12:00 en ABANCA-RIAZORClasificación: 1. Fabril, 63 puntos; 2. Oviedo Vetusta, 54 puntos... 4. UD Ourense, 48 puntos...Categoría xuvenil27ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, o sábado 11 de abril ás 11:30 no campo Arsenio IglesiasClasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 66 puntos; 2. Xuvenil A, 61 puntos; 3. Sporting de Gijón, 52 puntos; 4. Real Racing Club, 44 puntos...29ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - XUVENIL B, o sábado 11 de abril ás 16:00 en Santa IsabelClasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 79 puntos; 2. Xuvenil B, 68 puntos; 3. CD Choco, 57 puntos... 13. CD Conxo Santiago, 31 puntos...Categoría cadete26ª xornada: CADETE - CD AREOSA, o domingo 12 de abril ás 11:30 no Dépor Training Center26ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - RACING DE FERROL, o sábado 11 de abril ás 11:45 no MonteClasificación da División de Honra: 1. Cadete, 68 puntos; 2. RC Celta, 67 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 40 puntos; 4. Arosa SC, 38 puntos... 10. Racing de Ferrol, 31 puntos... 15. CD Areosa, 22 puntos...Categoría infantil26ª xornada: INFANTIL - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 11 de abril ás 12:00 no Dépor Training Center26ª xornada: RACING DE FERROL - SAN TIRSO SD INFANTIL, o domingo 12 de abril ás 10:00 no campo de Aneiros (Ferrol)Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 70 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 60 puntos... 4. CD Lugo, 42 puntos; 5. San Tirso SD Infantil e CD Conxo Santiago, 39 puntos; 7. CD Calasanz, 38 puntos... 9. Racing de Ferrol, 32 puntos...Categoría alevín8ª xornada: CD AS PONTES - ALEVÍN, o domingo 12 de abril ás 12:10 en O PoboadoClasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín, 21 puntos; 2. CD Lugo e Atlético Coruña Montañeros CF, 18 puntos... 13. CD As Pontes, 1 punto...27ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - ALEVÍN A, o sábado 11 de abril ás 12:00 na Torre (campo 1.1)27ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 11 de abril ás 14:00 na Torre (campo 1.2)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 73 puntos; 2. Victoria CF, 67 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 66 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 64 puntos... 6. Ural Español CF, 55 puntos...Categoría benxamín27ª xornada: CD CALASANZ - BENXAMÍN A, o domingo 12 de abril ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 1)27ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 11 de abril ás 9:00 na Torre (campo 2.1)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 78 puntos; 2. CD Calasanz, puntos... 4. Ural Español CF, 58 puntos; 5. Fabril FC Benxamín, 57 puntos; 6. Atlético Coruña Montañeros CF, 54 puntos...I Nudesa Cup no campo de fútbol Outeiriño - Joselu Mato (Silleda)Sábado 11 de abrilPrimera Fase11:00: BENXAMÍN A - PONTEVEDRA CF12:20: BENXAMÍN A - FAMALICAO FC13:20: BENXAMÍN A - UD SANTA MARIÑA14:00: BENXAMÍN A - SC BRAGA16:00: BENXAMÍN A - EF SILLEDAEn función de clasificación, os equipos pasarán á Fase Final

O Dépor, "cunha afección incrible, entregada, cun ambiente br...

Resultados deste sábado 16 de maio en ANOSACANTEIRA feminina,...

Resultados deste sábado 16 en ANOSACANTEIRA, con título galeg...

ABANCA-RIAZOR homenaxea este domingo 17 a Cris Martínez, que ...

O Dépor recibe este domingo 17 de maio ás 14:00 en ABANCA-RIA...

O Dépor ABANCA goza dun fin de semana de descanso antes da re...