
CANTERA · 11 FEBREIRO 2026
CALENDARIO EN ANOSACANTEIRA FEMININA, CON VISITA DO DÉPOR ABANCA B AO MADRID CFF B O DOMINGO 15 ÁS 16:00
Xornada reducida en ANOSACANTEIRA feminina posto que hai parón ligueiro esta fin de semana para o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación; e para os dous equipos infantís na Liga Galega.Así pois, o sábado 14 xógase un único encontro: o Orzán SD Cadete, líder do grupo 1º da Liga Galega, enfróntase en San Pedro de Visma 1 (12:15) ao Sporting Cambre.Se a pasada fin de semana o Dépor ABANCA visitaba ao Madrid CFF en Liga F, a quenda este domingo 15 para os filiais, ás 16:00 no Estadio Antiguo Canódromo.As madrileñas avantaxan en 2 puntos na clasificación da zona media da Segunda Federación ás deportivistas, que chegan co impulso da vitoria da pasada fin de semana no Dépor Training Center ante o Real Racing Club.Completa a xornada do domingo 15 o partido do Orzán SD Xuvenil ante a SCD Pastoriza (19:00, Municipal de Pastoriza) co obxectivo de saír dos postos de perigo da Primera Autonómica.O calendario de partidos é o seguinte:Segunda Federación18ª xornada: MADRID CFF B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 15 de febreiro ás 16:00 no Estadio Antiguo CanódromoClasificación: ... 8. Madrid CFF B, 20 puntos; 9. Deportivo ABANCA B e Atlético de Madrid C, 18 puntos; 11. Bizkerre Club (un partido menos), 16 puntos...Tercera FederaciónClasificación: ... 6. Victoria FC, 28 puntos; 7. Orzán SD Sub-21, 20 puntos; 8. EFM Concello de Boiro, 19 puntos...Primera Autonómica18ª xornada: SCD PASTORIZA - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 15 de febreiro ás 19:00 no Municipal de PastorizaClasificación: ... 13. SCD Pastoriza, 12 puntos; 14. Orzán SD Xuvenil e Sporting Burgo, 10 puntos; 16. Sárdoma CF B, 8 puntosLiga Galega cadete16ª xornada: ORZÁN SD CADETE - SPORTING CAMBRE, o sábado 14 de febreiro ás 12:15 en San Pedro de Visma 1Clasificación: 1. Orzán SD Cadete, 35 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 34 puntos...Liga Galega infantilClasificación do grupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A, 37 puntos; 2. Racing de Ferrol, 34 puntos...Clasificación do grupo 2º: ... 3. Bergantiños CF (un partido menos), 28 puntos; 4. Orzán SD Infantil B e UD Cerqueda (un partido menos), 23 puntos; 6. AD Cristo Rey, 22 puntos...

A expedición da RC Deportivo Fundación foi recibida por Ana P...

O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...

Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos ...

Parte médico de Espe Pizarro

Xornada de portas abertas o vindeiro 29 de outubro na nova se...