
DÉPOR · 4 OUTUBRO 2025
DAVID MELLA E ESPAÑA SUB-20 DERROTAN A BRASIL E QUEDAN Á ESPERA DO SEU PASE A OITAVOS DE FINAL
-Foto:@rfef.esDavid Mella e a selección española sub-20 derrotaron este sábado 4 de outubro a Brasil por 1-0 no último partido da fase de grupos do Mundial de Chile.O canteirán deportivista arrincou o choque no banco e saltou ao céspede no minuto 77 en substitución de Jan Virgili.Ao minuto de saltar ao céspede, o futbolista do Dépor tivo a sentenza nas súas botas ao marcharse por velocidade da defensa brasileira e encarar ao porteiro Otavio. O meta de Brasil fixo unha portentosa parada para evitar o tanto de Mella, que sería xa definitivo.No outro partido do grupo, México venceu por 1-0 a Marrocos.Así pois, Marrocos (6 puntos) e México (5 puntos) acceden a oitavos de forma directa e España, con 4 puntos, terá que esperar ao desenlace dos outros grupos para saber se pasa como un dos mellores terceiros.Nos dous partidos anteriores de España na fase de grupos participou David Mella.O canteirán foi titular ante Marrocos e saltou ao céspede no minuto 73 fronte a México.Os resultados de David Mella nesta Primera Fase foron os seguintes:Domingo 28 de setembroMARROCOS 2 - ESPAÑA 0Mércores 1 de outubroESPAÑA 2 - MÉXICO 2Sábado 4 de outubroESPAÑA 1 - BRASIL 0No que vai de liga, David Mella xogou co Dépor en LaLiga Hypermotion 5 partidos, 3 deles como titular, e marcou 2 goles.

A expedición da RC Deportivo Fundación foi recibida por Ana P...

O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...

Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos ...

Parte médico de Espe Pizarro

Xornada de portas abertas o vindeiro 29 de outubro na nova se...