
DÉPOR ABANCA · 16 AGOSTO 2026
DERROTA POLA MÍNIMA ANTE O REAL MADRID CF DUN DÉPOR ABANCA "CON SENSACIÓNS POSITIVAS"
O Dépor ABANCA caeu pola mínima (2-1) ante o Real Madrid CF, vixente subcampión da Liga F, nun esixente encontro amigable disputado este domingo 16 de agosto na Ciudad Real Madrid.Lucía Pardo asegura que o equipo marcha “con sensacións positivas. Xogar contra o Real Madrid na súa casa sempre é difícil”.As Nosas chegaban ao choque despois dunha semana emocionante e especial.O martes 11 de agosto confirmouse o regreso dunha das futbolistas de máis alto nivel: a internacional portuguesa Inês Pereira.Sen minutos no Trofeo Teresa Herrera do xoves 13, esta tarde xa disputou os seus primeiros minutos ao relevar Tarazona no minuto 58.O mércores 11, antes de comezar a 81 edición do Trofeo Teresa Herrera masculino, Redru e Lucía Rivas recibiron o cariño de ABANCA-RIAZOR tras proclamárense campioas de Europa sub-19.Ambas foron titulares este domingo 16 nun once inicial ateigado de futbolistas da casa, ademais con Paula Novo, Elena, Monteagudo e Eva Dios.E o xoves 12 as pupilas de Alberto Rodríguez conquistaron a 14ª edición do Trofeo Teresa Herrera cun partido moi completo ante o FC Porto: 2-0.Así pois, o do Real Madrid CF foi o cuarto compromiso de preparación. Os resultados do conxunto de Alberto Rodríguez complétaos unha goleada ao Sporting de Gijón (9-0) no Trofeo Emma Cuervo e un empate sen goles ante o Athletic Club en Luanco.Foron baixa Espe Pizarro, por control de cargas; e Merle Barth, con unhas molestias na planta dun pé.Paula Hernández, Carla Castiñeyras e Karla foron as representantes de ANOSACANTEIRA.A primeira parte rematou con empate sen goles cun Real Madrid ao mando do xogo, dada a súa calidade técnica.Iso si, tan só hai que contabilizar dúas ocasións claras: un remate de Noe Llamas que salvou Paula Novo e unha acción de Linda Caicedo que evita Tarazona.

Tras o paso polos vestiarios, o técnico deportivista arrinca o carrusel de cambios coa entrada de Eva Alonso, Vega e Michi Apóstol por Olalla, Lucía Rivas e Millene.Saíu ben o Dépor ABANCA e da internacional venezolana foi a primeira ocasión da segunda metade.Pouco despois, no minuto 58, Lucía Pardo suma o seu segundo tanto neste verán no Dépor ABANCA ao culminar unha xogada de contragolpe.O Real Madrid, un equipo que afronta a terceira rolda da Women's Champions League o vindeiro 26 de agosto ante o Ajax, reaccionou rápido.Oihane iguala no minuto 60 e Pau Rubio no minuto 66 grazas a un centro envenenado ao que non puido responder Inês Pereira.O marcador xa non se movería."Demostramos o que queremos ser, os pequenos pasiños que demos estas semanas; e sobre todo a ambición, a fame que temos. Amosamos un chisquiño do Dépor ABANCA que queremos ser", apuntou Lucía Pardo.Real Madrid CF: Frohms, Eva Navarro, M. Méndez, Andersson, Noe Llamas, Adri V., Angeldahl, Toletti, Keukelaar, Linda C. e Schröder. Tamén xogaron: Elisa, Candela R., De la Cuerda, Pau Rubio, Oihane SM, Andreia, Delgado, Rascón, Zuazo e AbrilDeportivo ABANCA: Tarazona (Inês Pereira, min. 58), Caracas (Paula Hernández, min. 58), Paula Novo (Carla Castiñeyras, min. 72), Elena Vázquez (Ranera, min. 58), Monteagudo, Olalla (Eva Alonso, min. 46), Redru, Eva Dios (Sofía, min. 58), Lucía Pardo (Karla, min. 80), Lucía Rivas (Vega, min. 46) e Millene (Michi Apóstol, min. 46)Árbitro: Elisabeth Calvo Valentín, do comité madrileñoGoles: 0-1 Lucía Pardo (min. 58); 1-1 Oihane (min. 60); 2-1 Pau Rubio (min. 66)Incidencias: partido disputado no campo 11 da Ciudad Real Madrid


O Dépor ABANCA entra na recta final da pretemporada

Resultados dos amigables da semana en ANOSACANTEIRA, este dom...

Antonio Hidalgo advirte que agora en LaLiga EA Sports "temos ...

O Dépor, consciente da dificultade do que vén por diante, reg...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este l...

O Coruxo FC, no Dépor Training Center, primeiro rival do Cade...