
DÉPOR · 20 FEBREIRO 2025
DIEGO GÓMEZ RENOVA POLO DÉPOR ATÉ 2030
O RC Deportivo ampliou o contrato de Diego Gómez Pérez (31 de xullo de 2004, Amoeiro, Ourense) ata 2030.O canteirán regresou ao Club o pasado 23 de xaneiro, tras disputar a primeira parte da tempada cedido no CD Arenteiro de Primera Federación, club no que militaba desde o pasado verán.Diego Gómez xa participou en 3 partidos de LaLiga Hypermotion ás ordes de Óscar Gilsanz.Antes de regresar á disciplina deportivista no pasado mercado de inverno, o canteirán branquiazul disputou 20 partidos no Arenteiro, todos eles de titular, nos que anotou 2 goles e repartiu 3 asistencias.O extremo ourensán chegou ao RC Deportivo no verán de 2019, procedente do Pabellón Ourense CF para incorporarse ao Cadete A branquiazul.Na súa segunda tempada en Abegondo, pasou ao Xuvenil B, aínda que Óscar Gilsanz contou con el en 2 partidos co Xuvenil A que acabou conquistando a segunda Copa de Campións de División de Honra da historia do Club. Na súa terceira campaña, o futbolista amoeirés participou en 3 dos 5 encontros (todos saíndo desde o banco) que o Deportivo disputou na UEFA Youth League, incluído o da eliminación ante o FC Dynamo Kyiv, ante o que marcou o seu penalti na quenda de desempate.Diego Gómez cumpre o seu segundo ano de senior, despois de xogar unha temporada completa (2022-23) co Fabril (27 partidos, 25 como titular e 6 goles), en Tercera Federación, no seu último ano en idade xuvenil. O xogador ourensán debutou co filial deportivista na temporada 2021-22 no seu segundo ano como xuvenil.Na temporada pasada, Diego Gómez xogou 17 partidos co Fabril en Segunda Federación. Deses encontros, 16 foron como titular, nos que marcou 7 goles e repartiu 6 asistencias.O 23 de setembro do 2023 debutou co RC Deportivo en partido oficial, no partido da 5ª xornada do grupo 1 de Primera Federación ante o UE Cornellà (1-1), disputado en ABANCA-RIAZOR.

A UD Carral, primeiro rival do Orzán SD Xuvenil na Primera Au...

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, con amigable do San ...

Massimo Adalberto Benassi fixa como obxectivo "conseguir outr...

Suave sesión de activación este martes para o Dépor no seu re...

Parte médico de Manu Serrano

O Dépor ABANCA - RCD Espanyol, fixado para o 27 de setembro á...