RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor 2026-27 xa está ás órdenes de Antonio Hidalgo sobre o céspede do Dépor Training Center

DÉPOR · 7 XULLO 2026

O DÉPOR 2026-27 XA ESTÁ ÁS ÓRDENES DE ANTONIO HIDALGO SOBRE O CÉSPEDE DO DÉPOR TRAINING CENTER

Finalizadas as probas médicas e físicas, Os Nosos arrancaron os adestramentos de pretempada este martes 7 de xullo no Dépor Training Center cunha primeira sesión a partir das 17:00.Antonio Hidalgo dispuxo nesta primeira sesión unha activación con roda de pases, uns rondos e un xogo de posición.Os futbolistas que traballaron con normalidade foron Germán, Altimira, Arnau Comas, Lucas Noubi, Dani Barcia, Patiño, Villares, Eddahchouri, Quagliata, Puerto, Riki, , Luismi Cruz, Jose Ángel Jurado, Mario Soriano, Ximo Navarro, Álvaro Ferllo e Leo Román.As caras novas foron as do porteiro internacional español Leo Román, o defensor polaco Bright Ede e o centrocampista holandés Teun Gijselhart.

leoroman0707.jpg

David Mella continúa co seu proceso de recuperación mentres que Yeremay e Loureiro comezaron no ximnasio cun adestramento personalizado.Adestráronse canteiráns habituais da pasada tempada como Samu Fernández, Bil Nsongo e Noé Carrillo; ademais de dous futbolistas que estiveron cedidos, como foi o caso de Kevin Sánchez no FC Cartagena e Adrián Guerrero no Ourense CF.O defensa coruñés Xabi Campos, aínda en categoría xuvenil, é o benxamín do grupo nesta pretempada.Este mércores 8, Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:00 horas.

  • bright0707.jpg
  • teun0707.jpg
  • alti0707.jpg
  • patiño0707.jpg
  • joseangel0707.jpg