RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA B afronta o seu primeiro amigable da pretemporada este sábado 8 en Luarca ante o Real Oviedo

DÉPOR ABANCA B · 5 AGOSTO 2026

O DÉPOR ABANCA B AFRONTA O SEU PRIMEIRO AMIGABLE DA PRETEMPORADA ESTE SÁBADO 8 EN LUARCA ANTE O REAL OVIEDO

O Dépor ABANCA B disputará este sábado 8 de agosto o seu primeiro compromiso de preparación do verán.O conxunto dirixido por Aitor medirase ao Real Oviedo a partir das 18:00 horas no campo de Barcia, na localidade asturiana de Luarca, nun encontro que suporá o primeiro test competitivo da pretemporada para o filial branquiazul.Tras iniciar os adestramentos a pasada semana, o equipo continúa dando forma a un cadro que presenta importantes novidades de cara ao novo curso.Futbolistas como Aitana Ruda, Sara Prego, Elsa Ayats ou Antía Mayo xa traballan xunto ás súas novas compañeiras para integrarse na dinámica do grupo e seguir medrando baixo a dirección do corpo técnico.O amigable fronte ao Real Oviedo, un dos rivais do Dépor ABANCA B en Segunda Federación, permitirá comezar a trasladar ao terreo de xogo os conceptos traballados durante estas primeiras semanas de preparación, ademais de seguir acumulando minutos e ritmo de competición.O filial afronta con ilusión e ambición a súa segunda temporada consecutiva en Segunda Federación, unha categoría de grande esixencia que volverá poñer a proba o crecemento dun equipo cuxo principal obxectivo é seguir formando futbolistas e consolidando o proxecto do fútbol feminino do RC Deportivo.Este primeiro amigable marcará o inicio do camiño competitivo dun Dépor ABANCA B que continúa construíndo a súa identidade coa vista posta en chegar nas mellores condicións ao comezo da liga.