
DÉPOR · 5 AGOSTO 2026
A ACF FIORENTINA, UN RIVAL DE TALLA EUROPEA QUE «NOS VAI AXUDAR A MELLORAR, A APRENDER COUSAS NOVAS», CRÚZASE ESTE XOVES 6 DE AGOSTO ÁS 20:00 NO CAMIÑO DE PRETEMPORADA DO DÉPOR
O Dépor disputará este xoves 6 de agosto o seu segundo amigable na concentración do equipo entre Alemaña e Italia, e o 5º en total desta pretemporada.O rival será a ACF Fiorentina, un dos clásicos nas competicións europeas. Por poñer un exemplo, a pasada tempada xogou a Europa League e posteriormente a Conference League.Giacomo Quagliata asegurou en rolda de prensa este mesmo mércores 5 de agosto que tanto a 'Fiore' como o Genoa CFC do sábado 8 "son dous equipos moi bos. Pódennos axudar moito a mellorar os detalles. Xogar contra equipos internacionais axúdache a medrar mentalmente e a aprender cousas novas".Nesa liña, o futbolista italiano recalca que estes dous encontros “vannos axudar moito a entender o que temos que mellorar máis".O encontro comezará ás 20:00 horas no Stadio Curva Fiesole, na cidade deportiva do club italiano, retransmitido en directo polo canal oficial de YouTube do RC Deportivo.

Antonio Hidalgo dirixiu este mércores a penúltima sesión previa ao encontro, posto que o propio xoves 6, día do partido, está prevista unha suave sesión de activación no campo 'Enzo Bearzot' do Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol, cuartel xeral do Dépor en Florencia.Son baixa para o encontro Asp Jense e Altimira, que están con adestramento personalizado.Así mesmo, Loureiro, Mella e Yeremay continúan co seu proceso de progresiva volta aos adestramentos.Este xoves, o corpo técnico dispuxo unha activación e unha tarefa táctica a través dun partido once contra once.O traballo sobre a herba concluíu cun exercicio de centros e remates a portería.

Pola súa banda, a ACF Fiorentina na que milita o porteiro español David De Egea chega ao choque despois de ter empatado o pasado sábado 1 de agosto co Real Madrid CF (2-2).Ademais, esta tempada o club italiano venceu ao AS Gubbio da Serie C (1-0) e ao Watford (0-1) da Championship inglesa; e caeu co Queens Park Rangers (1-0), tamén da Segunda División de Inglaterra.Os florentinos non escatimaron esforzos económicos para volver á Champions League. Así, por exemplo este mércores 5 de agosto presenta ao mundialista por Costa de Marfil Christ Inao Oulaï, que xa xogou ante o Real Madrid CF, e vén de incorporar ao lateral portugués João Mário procedente da Juventus.Finalizado o encontro, Os Nosos pernoctan no Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol e este venres 7 de agosto pola tarde desprazaranse a Génova para enfrontarse o sábado 8 ás 20:45 (YouTube RC Deportivo) ao Genoa CFC

Giacomo Quagliata ve "un equipo novo pero con calidade" e pid...

O Dépor ABANCA B afronta o seu primeiro amigable da pretempor...

Vitorias dos xuvenís nos amigables deste martes 4 en ANOSACAN...

Carga táctica pola mañá e balón parado pola tarde este martes...

Ximo Navarro cre que LaLiga EA Sports "é un reto moi bonito p...

Novo evento, o sétimo, do proxecto 'One Team No Limits', porq...





