
DÉPOR ABANCA B · 5 SETEMBRO 2026
O DÉPOR ABANCA B ARRANCA A LIGA EN SEGUNDA FEDERACIÓN COA VISITA AO FUNDACIÓN RAYO VALLECANO ESTE DOMINGO 6 DE SETEMBRO ÁS 12:30
O Deportivo ABANCA B inicia a liga en Segunda Federación coa visita ao Fundación Rayo Vallecano, un histórico do fútbol feminino español con 3 títulos de liga de Primera División e 1 Copa de la Reina nas súas vitrinas.O encontro disputarase este domingo 6 de setembro ás 12:30 na Ciudad Deportiva Fundación Rayo Vallecano.As Nosas chegan ao choque despois dunha gran pretemporada, na que derrotaron o Real Oviedo (0-1), o Victoria CF (3-2) e o Real Avilés Industrial (0-3); ademais de proclamárense subcampioas do Torneo Unindo Camiños en Santiago de Compostela, só superadas polo Sport Extremadura de Primera Federación.O balance goleador do equipo que prepara Aitor é satisfactorio, con 13 goles a favor e 5 en contra.Sara Barreda e Tubío foron as pichichis do verán, con 2 goles cada unha. Tamén marcaron Marta Rico, Noe Mayo, Adelaida, Karla, Valbuena, Sara Prego, Azucena e Carmen, o que demostra o potencial ofensivo do equipo.Aitana Ruda, Elsa Ayats, Sara Prego e Antía Mayo, ademais de Karla Bermejo, que xa estivo cedida na segunda parte da temporada pasada, foron os reforzos do Deportivo ABANCA B de cara a esta segunda temporada na Segunda Federación.

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...