
DÉPOR · 10 XULLO 2026
O DÉPOR AUMENTA O RITMO CUNHA ESIXENTE MAÑÁ DE TRABALLO NO DÉPOR TRAINING CENTER
Tras a esixente xornada deste xoves 9 de xullo, marcada pola primeira dobre sesión da pretemporada, o Dépor volveu este venres 10 ao traballo no Dépor Training Center cunha sesión de alta intensidade dirixida por Antonio Hidalgo.O técnico branquiazul incrementou o ritmo de traballo cun adestramento que comezou cunha activación mediante rondos e continuou con diferentes tarefas enfocadas a seguir asentando os conceptos de xogo do equipo.A sesión incluíu un exercicio de finalización, evolucións ofensivas e varios partidos de fútbol en espazo reducido, combinando o traballo técnico e táctico cunha elevada esixencia física nunha nova xornada de preparación.O Dépor continúa así avanzando na súa posta a punto durante estes primeiros días de pretemporada, nos que a carga de traballo irá aumentando progresivamente co obxectivo de chegar nas mellores condicións ao inicio da competición oficial.

David Mella; Yeremay, que xa realiza tarefas na herba; e Loureiro están con traballo personalizado; mentres que Bil, Noé, Samu, Kevin Sánchez e Xabi Campos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este sábado 11 de xullo Os Nosos poñen fin á primeira semana de pretemporada cunha última sesión a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

O RC Deportivo e Petxarroman separan os seus camiños

O Dépor completa a súa primeira xornada de dobre sesión da pr...

Carla Castiñeyras, mocidade e proxección para a defensa do Dé...

Koke San José, novo centrocampista para o Fabril

Primeiro adestramento de Lorenzo Amatucci no Dépor Training C...

Tres xogadoras do Dépor ABANCA na final do Europeo sub-19, es...



