
DÉPOR FABRIL · 9 XULLO 2026
KOKE SAN JOSÉ, NOVO CENTROCAMPISTA PARA O FABRIL
O Fabril continúa reforzando a súa plantilla de cara á temporada 2026-27 coa incorporación de Jorge San José de la Torre (Madrid, 29 de xullo de 2004), coñecido futbolisticamente como Koke San José, que asina co filial deportivista até xuño de 2027.O novo centrocampista blanquiazul chega procedente do CF Rayo Majadahonda, onde a pasada campaña foi unha peza importante na medular. Disputou 32 encontros en Segunda Federación, nos que anotou 1 gol e repartiu 2 asistencias, ademais de participar nun partido da Copa del Rey.Antes da súa etapa no conxunto madrileño, Koke defendeu a camiseta do CD Ursaria durante a tempada 2023-24, acumulando 29 partidos de liga tamén en Segunda Federación e 1 participación na Copa del Rey.Formado na canteira do Atlético de Madrid, o centrocampista completou o seu proceso de crecemento nunha das academias de referencia do fútbol español. Durante a súa etapa como branquivermello chegou a disputar 5 encontros na UEFA Youth League, competición na que adquiriu experiencia ao máximo nivel do fútbol base europeo.A incorporación de Koke San José súmase á do dianteiro Justino Barbosa e reforza o proxecto do Fabril para a nova temporada, na que o filial tamén contará coa continuidade de Íker Vidal, Damián Canedo, Quique Teijo, David Domínguez, Noé Carrillo e Manu Ferreiro.

Carla Castiñeyras, mocidade e proxección para a defensa do Dé...

Primeiro adestramento de Lorenzo Amatucci no Dépor Training C...

Tres xogadoras do Dépor ABANCA na final do Europeo sub-19, es...

Dous grandes clubs de renome mundial, Real Madrid CF e FC Por...

Villares: "Vexo á xente moi ilusionada con este regreso a LaL...

Lorenzo Amatucci, novo xogador do Dépor