
DÉPOR · 9 XULLO 2026
PRIMEIRO ADESTRAMENTO DE LORENZO AMATUCCI NO DÉPOR TRAINING CENTER
Lorenzo Amatucci adestrouse este xoves 9 de xullo por primeira vez cos seus novos compañeiros no Dépor Training Center.Oficializado o seu fichaxe polo RC Deportivo até 2031, o novo centrocampista branquiazul, que chegou a debutar na Serie A italiana o 3 de setembro de 2023 coa ACF Fiorentina nun partido fronte ao Inter de Milan, xa está ás ordenes de Antonio Hidalgo.Arrincou cos seus novos compañeiros as tarefas de activación no campo 3 do Dépor Training Center; e continuou con traballo personalizado na herba do campo 2 ás ordens do preparador físico Sergio Roca. O obxectivo é coller o ritmo do resto do cadro.

Os Nosos, agás Yeremay, Loureiro e David Mella, completaron a mañá cun circuíto físico con finalizacións e un xogo de posición.Nsongo Bil, Noé, Kevin Sánchez, Samu Fernández e Xabi Campos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Esta tarde, a partir das 17:00, o Dépor realizará unha segunda sesión de traballo no Dépor Training Center.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede



