
DÉPOR ABANCA · 9 XULLO 2026
TRES XOGADORAS DO DÉPOR ABANCA NA FINAL DO EUROPEO SUB-19, ESTE VENRES ÁS 18:00 ANTE ALEMAÑA
Lucia Rivas (na fila do medio, a primeira futbolista empezando pola esquerda), Paula Redruello 'Redru' (dorsal 16) e Ainoa Gómez (na fila de arriba, primeira xogadora empezando pola esquerda) enfróntanse este venres 10 de xullo a Alemaña na gran final do campionato de Europa sub-19 que se disputa en Bosnia Herzegovina.O encontro comezará ás 18:00 e será retransmitido en directo por UEFA.tv e RTVE.play.En semifinais, as alemás derrotaron na prórroga por 1-0 a Austria, mentres que as españolas golearon por 3-0 a Suecia.Lucía Rivas e Redru tiveron ocasión de debutar neste torneo o pasado mércores 1 de xullo ante Islandia; mentres que Ainoa Gómez, habitual no once inicial, suma xa 3 goles.O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera FaseDomingo 28 de xuñoSUIZA 2 - ESPAÑA 2Mércores 1 de xulloESPAÑA 4 - ISLANDIA 0Sábado 4 de xulloESPAÑA 2 - AUSTRIA 1SemifinaisMartes 7 de xulloESPAÑA 3 - SUECIA 0FinalVenres 10 de xullo18:00: ESPAÑA - ALEMAÑA, no Grbavica Stadium de Sarajevo

Primeiro adestramento de Lorenzo Amatucci no Dépor Training C...

Dous grandes clubs de renome mundial, Real Madrid CF e FC Por...

Villares: "Vexo á xente moi ilusionada con este regreso a LaL...

Lorenzo Amatucci, novo xogador do Dépor

A internacional sub-19 Ainoa Gómez reforza o centro do campo ...

Justino Barbosa, novo futbolista do Fabril