
DÉPOR FABRIL · 8 XULLO 2026
JUSTINO BARBOSA, NOVO FUTBOLISTA DO FABRIL
Justino Barbosa Saco (Ourense, 27 de xaneiro de 2005) é novo xogador do Fabril. O atacante ourensán incorpórase ao filial deportivista até xuño de 2028 para reforzar o cadro que dirixirá Manuel Pablo.Con vocación ofensiva, Justino chega procedente da UD Ourense, onde foi unha das pezas importantes do equipo que logrou o ascenso a Primera Federación a pasada temporada.Durante o curso 2025-26 participou en 32 encontros oficiais, asinando 3 goles e 3 asistencias, cifras que reflicten a súa capacidade para xerar perigo e contribuír ao xogo ofensivo do seu equipo.Cos seus 21 anos, o novo futbolista fabrilista destaca polo seu talento, desequilibrio e marxe de crecemento, cualidades que o converten nunha aposta de futuro para o RC Deportivo.Coa súa incorporación, o Fabril suma un xogador novo e con proxección para seguir fortalecendo un proxecto que continúa a apostar polo desenvolvemento de futbolistas con potencial para dar o salto ao primeiro equipo.A fichaxe de Justino Barbosa únese ás renovacións xa anunciadas de Íker Vidal, Damián Canedo, Quique Teijo, David Domíngez, Noé Carrillo e Manu Ferreiro.

Despois de visitar o Madrid CFF o sábado 31 de outubro, As No...

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...

Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este ven...