
DÉPOR · 8 XULLO 2026
LORENZO AMATUCCI, NOVO XOGADOR DO DÉPOR
Lorenzo Amatucci (Arezzo, Italia, 5 de febreiro de 2004) é xa novo futbolista do RC Deportivo.O centrocampista italiano incorpórase á disciplina blanquiazul ata xuño de 2031 para reforzar a medular de cara á próxima tempada en LaLiga EA Sports.Amatucci chega ao Dépor despois de completar un destacado curso na UD Las Palmas, onde se consolidou como unha das pezas máis utilizadas por Luis García. O pivote disputou 42 encontros oficiais e repartiu catro asistencias, confirmando o seu crecemento e regularidade no fútbol profesional.Formado na canteira da ACF Fiorentina, o novo xogador deportivista brillou no Campionato Primavera antes de continuar a súa progresión na Serie B italiana. Nas filas da US Salernitana, durante a temporada 2024-25, e posteriormente da Ternana, na campaña 2023-24, acumulou un total de 52 partidos e tres goles na categoría.Internacional con Italia nas categorías sub-18, sub-19 e sub-20, Amatucci suma 24 encontros coas seleccións inferiores do seu país, unha traxectoria que avala o potencial dun futbolista chamado a seguir medrando.Coa súa incorporación, o RC Deportivo engade ao seu cadro un centrocampista de perfil organizador, con criterio na distribución, intensidade no traballo defensivo e experiencia tanto no fútbol italiano como no español.

Tres xogadoras do Dépor ABANCA na final do Europeo sub-19, es...

Dous grandes clubs de renome mundial, Real Madrid CF e FC Por...

Villares: "Vexo á xente moi ilusionada con este regreso a LaL...

A internacional sub-19 Ainoa Gómez reforza o centro do campo ...

Justino Barbosa, novo futbolista do Fabril

O teu lugar en Primeira: os novos abonos do Dépor para vivir ...