
DÉPOR ABANCA · 8 XULLO 2026
A INTERNACIONAL SUB-19 AINOA GÓMEZ REFORZA O CENTRO DO CAMPO DO DÉPOR ABANCA
Ainoa Gómez Luna (Cerdanyola del Vallès, Barcelona, 13 de abril de 2007) converteuse en nova xogadora do Dépor ABANCA para a temporada 2026-27. A centrocampista catalá chega cedida polo FC Barcelona para reforzar a medular blanquiazul con talento, calidade e proxección.Internacional coa selección española sub-19, Ainoa está a disputar estes días o Campionato de Europa da categoría, co que xa se proclamou campioa na pasada edición.Anteriormente tamén foi unha das futbolistas máis destacadas da selección sub-17, conquistando o Europeo xunto á deportivista Lucía Rivas e logrando o subcampionato do mundo xunto a outra canteirá blanquiazul, Elena Vázquez.A pesar da súa mocidade, a nova futbolista do Dépor ABANCA xa deu os seus primeiros pasos na elite. A pasada tempada disputou dous encontros de Liga F co primeiro equipo do FC Barcelona, nos que anotou dous goles, deixando mostras da súa calidade e capacidade para incorporarse ao ataque.Co filial azulgrana tamén tivo un papel protagonista nunha gran campaña. Participou en 22 partidos, 20 deles como titular, marcou tres goles e contribuíu á conquista do título de Primera Federación Iberdrola.Formada nas categorías inferiores do RCD Espanyol e do FC Barcelona, Ainoa Gómez destaca pola súa visión de xogo, criterio na distribución, calidade técnica e capacidade para dominar o centro do campo.Coa súa chegada, o Dépor ABANCA incorpora a unha das mozas centrocampistas con maior proxección do fútbol español, reforzando o cadro cunha futbolista afeita a competir ao máximo nivel e cun importante marxe de crecemento.

O Dépor Training Center, Zas, Cuntis e o colexio Santa María ...

Elsa Ayats, nova xogadora do Dépor ABANCA B

Aubameyang xa se adestra no Dépor Training Center ás órdenes ...

Rival de postín para o Dépor ABANCA, o domingo 16 de agosto a...

Terceira semana de pretemporada para o Dépor desde este luns ...

Antía Mayo, nova xogadora do RC Deportivo