
DÉPOR · 8 XULLO 2026
DOUS GRANDES CLUBS DE RENOME MUNDIAL, REAL MADRID CF E FC PORTO, PROTAGONISTAS XUNTO CO RC DEPORTIVO DO TROFEO TERESA HERRERA 2026
O Deportivo e o Real Madrid no apartado masculino; e Dépor ABANCA e o FC Porto luso no feminino conforman o cartel da presente edición do Trofeo Teresa Herrera que se disputará no Estadio ABANCA-RIAZOR.O mércores 12 de agosto ás 21:00 xogarase a final masculina e o xoves 13 ás 17:00, a feminina.O decano dos torneos de verán, que este ano cumpre a súa LXXXI edición, mantén o formato de partido único.O Deportivo, que tradicionalmente aproveita o Trofeo Teresa Herrera como posta de longo ante #ANOSAFORZA, mídese nesta edición ao Real Madrid CF, un dos grandes clubs do fútbol mundial.A XIV edición feminina do Trofeo Teresa Herrera terá como protagonistas o Dépor ABANCA e o FC Porto da Primeira División de Portugal.O Dépor é o rei do Teresa Herrera masculino cun total de 26 trofeos nas vitrinas por 9 do segundo clasificado, precisamente o Real Madrid CF.En categoría feminina, o Dépor ABANCA posúe 5 'Torres' ademais de 1 conquistada polo Deportivo ABANCA B na edición de 2020.A organización do Teresa Herrera forma parte do acordo de colaboración entre o Concello e o Club.O trofeo é o torneo de fútbol amigable de carácter anual máis lonxevo do mundo.

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 11...

Daniela Caracas seguiu desde o banco o triunfo de Colombia an...

Michi Apóstol, no once inicial de Venezuela que se enfrontou ...

Sofía Domínguez xogou de titular no primeiro dos dous amigabl...

Resultados deste sábado 10 en ANOSACANTEIRA feminina e calend...

O Dépor ABANCA B golea en Vigo a As Celtas e xa manda en Segu...