
FUNDACIÓN · 15 OUTUBRO 2026
O DÉPOR GENUINE, TORRE SD E REAL AVILÉS COMPARTEN UNHA XORNADA DE FÚTBOL E INCLUSIÓN CON 'ONE TEAM, NO LIMITS'
O Deportivo Genuine, Torre SD e Real Avilés déronse cita nunha xornada marcada pola emoción, o esforzo e o traballo en equipo, co fútbol como punto de encontro.O proxecto 'One Team, No Limits' volveu poñer en valor que o deporte vai moito máis alá dos resultados.Foi unha xornada para compartir experiencias, gozar da competición e seguir avanzando cara a un fútbol inclusivo, no que todas as persoas teñan o seu lugar.No apartado deportivo, estes foron os resultados dos encontros disputados:Deportivo Genuine A 3 - Deportivo Genuine B 1Torre SD 2 - Real Avilés 1Deportivo Genuine B 0 - Real Avilés 4Deportivo Genuine A 2 - Torre SD 1Unha xornada de convivencia e deporte na que o compañeirismo, o respecto e a ilusión volveron demostrar que, no fútbol, o máis importante non sempre está no marcador.Financiado pola Unión Europea, as opinións e os puntos de vista expresados só comprometen ao(s) seu(s) autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea nin os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser consideradas responsables deles.

As Nosas retoman os adestramentos tras a xesta ante o Barça e...

David Mella disputa a segunda metade do Albania-España sub-21...

O Dépor arrinca a semana de traballo previa á visita ao Depor...

O Dépor Genuine arranca unha edición máis de LaLiga Genuine M...

A RC Deportivo Fundación participa en Brescia nunha reunión d...

A Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña SAD ...