RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
El Fabril recibe ao Racing de Ferrol este sábado 10 en ABANCA-RIAZOR no "típico partido para que veña todo o mundo animarnos"

DÉPOR FABRIL · 9 OUTUBRO 2026

EL FABRIL RECIBE AO RACING DE FERROL ESTE SÁBADO 10 EN ABANCA-RIAZOR NO "TÍPICO PARTIDO PARA QUE VEÑA TODO O MUNDO ANIMARNOS"

El Fabril recibe ao Racing de Ferrol este sábado 10 de outubro ás 16:30 (TVG) en ABANCA-RIAZOR no primeiro dos derbis galegos de Primera Federación para o filial deportivista.Coa derrota da pasada fin de semana en Las Gaunas ante o UD Logroñés (2-1), o conxunto de Manuel Pablo chega a esta 7ª xornada con 8 puntos na 10ª posición.O técnico fabrilista salienta que o equipo recupera a Dani Estévez, aínda que segue coas baixas de Álex Marqués, Jairo, Damián Canedo, Manu Ferreiro, Manu Serrano e Dipanda, ás que hai que engadir a do xuvenil Mauro Valeiro.Por outra banda, Manuel Pablo agardará pola decisión de Antonio Hidalgo sobre Noé, Kevin e Martín Ochoa, se ben o adestrador do primeiro equipo xa deixou entrever na rolda de prensa previa ao encontro ante a Real Sociedad que levará a San Sebastián tanto a Kevin como a Martín Ochoa."Sabiamos que coas baixas de Aubameyang e Zaka iamos perder a Kevin porque xa estaba na dinámica deles. Agora dáse a circunstancia de que Martín está adestrando con eles esta semana. Estamos á expectativa do que poida pasar. Temos a Íker Gil, a Domínguez e a xente do Xuvenil A que pode vir. Cando se confirme, veremos", declarou ao respecto o adestrador do Fabril.Tamén espera que "ABANCA-RIAZOR nos empurre. É certo que nestes últimos partidos non tivemos a afluencia que nos gustaría, pero sempre nos animan".Cre que o do Racing de Ferrol "é o típico partido para que veña todo o mundo animarnos. É un derbi. Nós sentímonos na casa e imos saír con esa enerxía que transmitimos. E esperamos facer un bo partido".Pola súa banda, o conxunto ferrolán, que a pasada xornada superou en A Malata ao Pontevedra CF (2-0), é 8º na clasificación con 10 puntos.Lonxe do seu campo, esta temporada os racinguistas, que estarán apoiados en ABANCA-RIAZOR por máis de 600 afeccionados, empataron co Arenas Club (1-1); e caeron ante o CD Extremadura (1-0) e o CD Lugo (1-0).O seu técnico, Javi Vázquez, apunta que "hai que estar preparados para todo o que poida pasar. Eles probaron moitas pezas, hai xogadores que están co primeiro equipo e, nese sentido, nos filiais é máis difícil acertar co once que poden sacar".Aposta por "crer firmemente que imos gañar, desde a convicción positiva de facer as cousas que dependen de nós, e asumir que se pode perder porque esa é a realidade competitiva".